O Nadal chega aos 'xardíns que falan' de la Praza de España y la Praza de Ourense
Por Redacción
Os dous 'xardíns que falan', as áreas verdes reivindicativas situadas na Praza de España e na Praza de Ourense, xa están engalanados cos motivos propios do Nadal.
A decoración do xardín da Praza de España, xusto enfronte da casa consistorial, está presidida por un arco de follas de ticea cunhas campás de luz, un reno luminoso, varios abetos e diversas flores de Pascua, coa radiante cor vermella que as caracteriza.
No caso da Praza de Ourense, nos xardíns de Casto Sampedro, instalouse un banco vermello con luces, varios acebos, uns pequenos Papás Noel pintados sobre troncos de madeira ou uns orixinais paquetes de regalo de madeira con luces.
A decoración complétase cunhas sinais que dán a benvida ao Polo Norte e indican a dirección que debemos tomar para chegar ao Galpón dos Renos e ao Obradoiro de Santa Claus.
Non será a última sorpresa destes xardíns. Xa que, unha vez pase o temporal, colocarase un Papá Noel de 1,50 metros, un tamaño case natural do home máis célebre de Laponia, que acompañará aos pontevedreses de cara á próxima Noiteboa.
Desde o Concello animan a que os cidadáns fagan uso destes escenarios e compartan as súas fotografías nas redes sociais baixo os cancelos #NadalPontevedra2022, #XardínsdeNadal e #XardínsqueFalan.
Relacionadas:
-
A cidade di adeus á súa iluminación de Nadal máis concienciada e polémica
Por Natalia Puga |
-
Ponte Xogos e Nadal Xogos, citas imprescindibles do Nadal pontevedrés na Alameda e o Recinto Feiral
Por Diego Espiño |
-
O plan do PP para o Nadal: un poboado con mercado, atraccións, un gran belén ou luces "más elegantes"
Por Alejandro Espiño |
-
Volve a feira de artesanía Pontenadal tres anos despois da súa última edición
Por Alejandro Espiño |
-
O poboado da Ferrería será a 'porta de entrada' ao Nadal pontevedrés
Por Alejandro Espiño |
-
Novo ataque á burbulla decorativa de Nadal situada diante do Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Comeza a instalarse o alumeado de Nadal nas rúas de Pontevedra, que agardará ata o 16 de decembro para o seu acendido
Por Redacción |
-
O Mercado de Abastos inaugura a súa iluminación cun "coidado absoluto polo medio ambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |