La conca do Lérez recupera los antiguos cotos de caza y pesca
Por Oskar Viéitez
Os concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro e Cotobade recuperarán os antigos cotos de caza e pesca. Así o anunciou o alcalde de Cerdedo, José Balseiros, presidente do Consorcio Conca do Lérez, ente que aglutina a estes municipios.
Os alcaldes fixeron un seguimento das actuacións que están levando a cabo para a posta en funcionamento deste organismo que xa analiza diversas liñas de subvención e fontes de axuda.
Neste sentido asinaron un convenio co conselleiro de Presidencia en funcións, Alfonso Rueda, por importe de 40.000 euros que se destinarán aos antigos cotos de caza e pesca nos catro concellos.
O alcalde de Cerdedo tamén anunciou que nos próximos días asinarán un convenio coa consellería de Medio Ambiente para incidir no saneamiento do río Lérez.
"Avanzamos con seguridade e con firmeza, estamos perfectamente unidos e si non hai ningún inconvinte a primeiros de xaneiro empezaremos a compartir algúns servizos como Protección Civil".
Unha intención que é celebrada por Alfonso Rueda, presidente accidental do goberno galego, mentres que o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, atópase de viaxe en Brasil en busca de novas oportunidades de negocio para o naval galego.
Rueda reiterou o compromiso do goberno galego de facilitar os procesos de fusión que voluntariamente promuevan os concellos.