A madeira galega contribúe estratexicamente á bioeconomía circular e sostible
Nos últimos anos, a economía circular consolidouse nas axendas dos gobernos comprometidos coa sustentabilidade e a loita contra o cambio climático, como resposta fronte á tradicional economía lineal, baseada no modelo "extraer-fabricar-consumir-eliminar" e que causa múltiples problemas ambientais.
A biofábrica de Ence Pontevedra é un exemplo de contribución á citada economía circular. A actividade que desenvolve a compañía está plenamente aliñada coa bioeconomía circular a través da produción de materiais de orixe natural, renovables e reciclables, a xestión forestal sostible e a xeración de enerxía renovable.
Ence afronta varios desafíos de maneira simultánea, como a loita contra o cambio climático e o avance cara a unha economía verde. Neste sentido, a madeira galega é un recurso chave na transición cara á bioeconomía circular.
Grazas a esta madeira, Ence subministra ao esixente mercado europeo máis dun millón de toneladas de celulosa de alta calidade a través das súas biofábricas de Navia (Asturias) e Pontevedra, que tamén xeran enerxía renovable a través da biomasa e a lignina, un compoñente da madeira que constitúe un excelente biocombustible renovable e natural.
COMPROMISO CON GALICIA
Ence xestiona directamente en Galicia preto de 10.500 hectáreas de cultivos forestais e ten relación directa con propietarios de montes, provedores, asociacións e subministradores, aos que compra madeira por valor duns 100 millóns de rendas anuais. A transición cara á bioeconomía e o aumento na demanda de madeira supoñerá un impulso para o desenvolvemento e a xestión sostible e produtiva das masas forestais.
Consciente de que a madeira é un recurso escaso, a compañía xestiona e coida os montes para mellorar a produtividade e a sustentabilidade das plantacións de eucalipto mediante a sinatura de acordos de xestión con propietarios e comunidades de montes, desenvolvendo os traballos necesarios para a posta en valor de masas forestais e mellorando o estado de conservación das existentes.
Ence contribúe ao desenvolvemento do sector forestal de Galicia, á preservación dos bosques e a fixar poboación no rural
Con este aproveitamento da madeira de maneira sostible, Ence contribúe ao desenvolvemento do sector forestal de Galicia, á preservación dos bosques e a fixar poboación no medio rural. Ademais, como principal cliente dos produtores de madeira galega, xera unha alta demanda estable e próxima, e transfire o coñecemento das necesidades do sector industrial global.
Así mesmo, Ence pon ao disposición dos propietarios e xestores forestais o seu coñecemento e experiencia en selvicultura e aproveitamento forestal, ofrecendo ao propietario un conxunto completo de solucións para coidar o seu monte e xerar con el madeira para a bioeconomía, emprego e ingresos importantes no medio rural, dos que Ence achega máis de 200 millóns de euros ao ano en Galicia, e un importante valor para a sociedade.
Con máis de 65.000 hectáreas, Ence é o principal xestor forestal privado de España, líder nacional en xeración de enerxía renovable con biomasa e primeiro produtor europeo de celulosa de eucalipto. A compañía basea a súa actividade produtiva nun novo modelo de aproveitamento responsable dos recursos naturais, asentado na eficiencia e o coidado do medioambiente e que contribúe á sustentabilidade a curto, medio e longo prazo, e á transición enerxética e a descarbonización.
XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE E CERTIFICADA
A certificación de xestión forestal sostible é unha valiosa ferramenta para Ence, axudando a promover a profesionalización, a competitividade e a sustentabilidade a longo prazo dun sector chamado a ser clave na transición cara á bioeconomía, avanzando na consecución dun territorio forestal máis valioso, competitivo e sostible, á vez que preserva a biodiversidade dos seus ecosistemas.
O proceso de produción da celulosa de Ence Pontevedra é respectuoso co medioambiente. Trátase dunha pasta de papel sostible obtida a partir de madeira certificada pola súa Cadea de Custodia e Xestión Forestal Sostible baixo os estándares FSC (Forest Stewardship Council) e PEFC (Programme for the Endorsement of Forest Certification). A biofábrica de Ence Pontevedra é unha das dúas únicas de Europa que produce pasta de papel totalmente libre de cloro (TCF) a partir de madeira de eucalipto.
A biofábrica conta coa Certificación AENOR Residuo Cero, a Distinción Oro da Comisión Europea e a etiqueta Nordic Swan
Así mesmo, a actividade de produción de celulosa de Ence Pontevedra tamén foi recoñecida coa Certificación AENOR Residuo Cero, o selo ambiental que acredita que a compañía leva a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos, e que é capaz de valorizalos, propiciando o seu aproveitamento para darlles unha nova vida dentro do seu proceso de produción, unha clara mostra de economía circular.
A biofábrica tamén atesoura diversos recoñecementos internacionais que distinguen a súa excelencia ambiental e a súa contribución á bioeconomía. Entre eles, a etiqueta ecolóxica Nordic Swan – ecoetiqueta oficial dos países nórdicos – por cumprir cos criterios máis esixentes de respecto ambiental e a Distinción Ouro da Comisión Europea, en recoñecemento á súa mellora ambiental nos últimos 15 anos.
Ence prepara novos investimentos para ampliar a gama de produtos diferenciados de celulosa e avanzar na descarbonización das plantas, sendo, desta maneira, motor esencial no desenvolvemento da bioeconomía circular a partir da madeira.
Dentro de esta aposta polo desenvolvemento dun futuro sostible de Galicia, a compañía estuda poñer en marcha unha nova bioplanta de produción de fibra reciclada e biomateriais nas Pontes (A Coruña), autosuficiente enerxeticamente e cuxa produción será totalmente exenta de carbono. Un exemplo máis do compromiso de Ence cun modelo de negocio baseado na eficiencia e coidado do medio ambiente, que permita fabricar novos produtos sostibles.
Relacionadas:
-
O papel da xestión forestal sostible na economía dos pequenos propietarios galegos
Por Noticia patrocinada |
-
Ence comprométese co aforro de enerxía, a sustentabilidade e a bioeconomía
Por Noticia patrocinada |
-
Ence aposta polo I+D+i para o desenvolvemento de produtos sostibles
Por Noticia patrocinada |
-
O compromiso de Ence con Galicia: bioeconomía, desenvolvemento do rural, creación de emprego e xestión sostible
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa de Ence contribúe a dar resposta a un consumidor cada vez máis concienciado co medioambiente
Por Noticia patrocinada |