A Lama presenta a súa programación de Nadal
Por Redacción
O Concello da Lama, da man do seu tenente de alcalde David Carrera, presentou o programa de actividades deste Nadal no que destaca a nova edición do programa Concilia Nadal, ademais dos obradoiros, música, espectáculos infantís, unha saída a Pontevedra para que os cativos poidan participar no Nadal Xogos e un concerto da Banda de Música da Lama.
O 22 de decembro Papá Noel visitará o colexio e repartirá agasallos e caramelos entre os cativos. A continuación, contribuirá a dinamizar o comercio local paseando pola vila e animando o Nadal aos veciños e veciñas.
O venres 23 de decembro celebrarán un taller de decoración floral especialmente pensado para adornar as portas e fogares en Nadal que será impartido de 11:30 a 13:30 horas no edificio do Obradoiro de Emprego. Será gratuíto e está pensado para todas as idades.
O cine será o protagonista os días 26 e 28 no Multiusos coa proxección das películas 'Raya y el último dragón' y 'Lightyear', respectivamente, ambas a las 17:30 horas. O 27 de decembro haberá un espectáculo de maxia ás 17:30 horas no Multiusos, mentras que o xoves 29 de decembro terá lugar o espectáculo para toda a familia 'A luz do Nadal'.
O Concello organiza, en colaboración coa ANPA, para o venres 30 de decembro unha viaxe gratuíta para nenos e nenas da Lama a Pontevedra para participar no 'Nadal Xogos'. O autobús sairá ás 16 horas desde as inmediacións da Casa Consistorial.
O luns 2 de xaneiro, os Carteiros Reais percorrerán todas e cada unha das parroquias do municipio para recoller as cartas escritas polos máis cativos da casa facendo unha pequena parada e amosando un espectáculo de rúa. O martes 3 de xaneiro será a quenda da visita do Apalpador, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, que estará ás 19 horas no Multiusos, e o mércores 4 de xaneiro terá lugar o 'Concerto de Nadal', a cargo da Banda de Música da Lama. Esta actividade comezará ás 20:30 horas no salón de actos do CEIP da Lama e, ao rematar, haberá unha chocolatada popular gratuíta.
Este "amplo e completo" programa de Nadal rematará o 5 de xaneiro coa celebración da Gran Cabalgata de Reis, que sairá a partir das 17:30 e percorrerá as rúas do centro da Lama e rematará cunha audiencia real no Multiusos. Os asistentes, ademais de deixarlle as cartas e as últimas peticións aos Reis Magos poderán levarse gratuitamente unha fotografía coas Súas Maxestades.