Os empresarios bótanlle unha man aos Reis Magos
Por Natalia Puga
"Todos los niños deberían recibir un juguete, es obligado",opina o mago Javier Muro. ÿ un parecer que comparten máis dunha vintena de empresas e institucións pontevedresas, todas as que se uniron á campaña solidaria 'En Pontevedra tod@s somos nen@s' para recoller xoguetes en beneficio da Fundación Meniños e, en xeral, doutras ONG que traballan pola infancia e das familias máis necesitadas do municipio.
A campaña presentouse este martes e aglutina a empresas e institucións tan variadas como Protección Civil, Orquestra de Cámara Lira a Federación Provincial de ANPA de centros públicos Transportes Viuda de Cándido ou Blanco y Rey Asesores.
A organización puxo a disposición dos pontevedreses un local para a entrega dos xoguetes e, ademais, celebrará dúas galas solidarias nas que o público deberá pagar a entrada entregando un xoguete novo ou en bo estado. A primeira será o venres 20 de decembro ás 18.30 horas no auditorio do centro xocial Novacaixagalicia e inclúe actuacións da Escola de Danza Deborah, o grupo de Teatro Baobab e o mago Javier Muro, todo iso conducido por Daniel Álvarez García e coa colaboación da asociación Xuntos-Down Pontevedra.
O domingo 22 de decembro, tamén ás 18.30 horas, pero no Teatro Principal, celebrarase a segunda gala solidaria. Trátase da habitual actuación do Nadal da Orquestra de Cámara Lira de Pontevedra. Tanto esta agrupación coma os artistas da primeira cita realizan ua colaboración altruísta.
Todas as persoas interesadas en achegar xoguetes poden entregalos dende este martes ata o luns 23 de diciembren o número 3 da rúa Andrés Mellado (ao lado do Hotel Madrid). Recolleranse en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.
O prazo péchase o día 23 porque a intención da Fundación Meniños é entregar os xoguetes recollidos entre os días 26 e 31 de decembro, para que as familias xa os tentan antes da noite do 5 de xaneiro, día en que chegan os Reis Magos. O coordinador de equipo da entidade, Roberto Antón, explicou que a entrega "será totalmente anónima", tan só saberán cando e onde se fai as familas beneficiarias.
Ata o momento, a Fundación ten unha lista de 200 beneficiarios, pero calculan que será maior, pois os xoguetes se entregarán a entre 50 e 70 usuarios da Fundación Meniños, pero tamén a todas as familias que consideren necesario os servizos sociais de Ponteveda e outros concellos limítrofes e "se prevé que van ser una cifra importante".
ÿ o segundo ano deste campaña. En 2012 recolléronse 3.000 xoguetes que foron parar a 300 familias pontevedresas e este ano"la solidaridad ha desbordado" as previsións e os centros educativos públicos de Pontevedra e arredores e cidadáns anónimos xa realizaron "multitud de donaciones", de modo que prevén superar as cifras da campaña anterior.