2023 arranca con dous novos falecementos de pacientes infectados con covid-19 na área sanitaria
Por Redacción
Este martes 3 de decembro 23 pacientes atópanse hospitalizados con covid-19. 22 deles permanecen en planta: 13 no Hospital Montecelo; 4 no Hospital do Salnés e 5 no Hospital Quirón Salud. Ademais, outro paciente mantense na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, actualmente permanecen 194 casos activos, catro menos que o luns, 171 deles evolucionando nos seus domicilios.
Efectuáronse 64 probas PCR durante a última xornada con 11 novos casos detectados, segundo a información facilitada polo Sergas.
Nas últimas horas faleceron dúas persoas máis por covid-19 na área sanitaria. Trátase dunha muller de 83 anos e dun home e 92, que presentaban outras enfermidades previas no seu historial clínico.
Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 77.573 persoas, once máis que o luns. Perderon a vida polo virus 353 pacientes nos distritos sanitarios de Pontevedra e O Salnés desde o inicio da pandemia.
En Galicia hai 1.829 persoas con infección activa de coronavirus neste martes 3 con 252 pacientes ingresados, nove deles na UCI. Desde o inicio da pandemia faleceron 4.021 persoas en Galicia co virus.
Relacionadas:
-
Martes 7 de febreiro, último día en que será obrigatoria a máscara no transporte público
Por Redacción |
-
Detectan en Pontevedra dous casos da variante 'kraken' da covid
Por Oskar Viéitez |
-
A partir do 1 de decembro a vacina anticovid administrarase nos hospitais Montecelo e do Salnés
Por Redacción |