Presentan os estudos técnicos do plan de abastecemento autónomo de Galicia
Por Redacción
Técnicos responsables da redacción dos plans municipais de abastecemento autónomo de Galicia están mantendo xuntanzas sectoriais en Cerdedo-Cotobade cos usuarios das traídas de abastecemento deste municipio incluidas nun plan pioneiro no que so participan seis concellos en toda a comunidade autónoma.
Nestes encontros participarán as 80 comunidades de usuarios de auga veciñais que manifestaron o seu desexo de ser incluídas nos traballos de estudo.
Estas reunións estrutúranse en grupos de 10 traídas para facilitar unha mellor comunicación e facelas máis operativas e participativas.
Os técnicos realizan unha pequena presentación inicial a todos os asistentes do resumo de traballos de documentación e análise realizados nas traídas de autoabastecimiento de Cerdedo-Cotobade.
No transcurso destes encontros entréganse os informes que recollen propostas de mellora de cada traída e explícanse de maneira pormenorizada os problemas observados en cada unha, os resultados das analíticas das augas e as propostas de solución previstas, achegando os planos e orzamentos correspondentes.
Ademais, os técnicos escoitan as achegas e impresións dos usuarios, que se recollerán nun informe refundido que cumprimentarán os traballos realizados en todas e cada unha das traídas.
O alcalde Jorge Cubela, que asistiu á reunión levada a cabo en Carballedo, destacou a importancia da participación activa dos usuarios e lembrou que "este estudio é gratuíto para as traídas de augas veciñais e para o propio Concello e supón un avance moi importante para mellorar a calidade do servizo e do propio sistema de abastecemento".
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade contará cun Plan de abastecemento autónomo para as traídas veciñais
Por Redacción |
-
Un novo depósito de abastecemento de auga para os veciños de Loureiro
Por Redacción |
-
Veciños de Ponte Caldelas melloran as redes de auga con apoio da Xunta
Por Redacción |
-
Os populares reclaman á Deputación axudas directas para as traídas de augas xestionadas por comunidades de usuarios
Por Redacción |
-
Melloran tres redes de abastecemento de augas veciñais en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |