Dúas verbenas activarán as festividades de San Amaro e San Marzal en Arra
Por Redacción
A asociación Cultural San Cayetano de Arra, en colaboración co Concello de Sanxenxo, organiza a celebración das festividades de San Amaro e San Marzal durante o domingo 15 e o luns 16.
Arra comezará a xornada do domingo cunha salva de bombas e animación na rúa. A partir das 11.00 horas está prevista a misa e ás 12.45 horas está prevista unha actuación da Banda de Música fronte a Casa Zulema. Ás 13.15 celebrarase a misa cantada coa procesión de San Amaro.
A partir das 21.00 horas comezará a verbena coas actuacións das orquestras La Oca e París de Noia. O escenario atópase baixo unha carpa con calefacción e, ao longo da festa, sortearanse 200 euros.
Xa na xornada do luns chegará a celebración de San Marzal, con alborada e actuación do grupo de gaitas de Os de Barro. Ás 13.00 horas terá lugar a misa e a procesión.
Realizarase, a continuación, a poxa de ofrendas coa participación de galos, centros e ramos de flores. A recadación irá destinada a melloras na parroquia e tamén para sufragar parte dos gastos destas celebracións.
A partir das 21.00 horas, Marbella e Los Satélites ofrecerán unha gran verbena. Tamén durante esta noite sortearanse 300 euros. Ás 03.00 horas da madrugada a festa finalizará coa gran tirada de bombas de palenque.