O catastro sitúa a Sanxenxo como o terceiro municipio da provincia en número de inmobles
Por Redacción
Sanxenxo pechou 2022 cun total de 40.323 inmobles urbanos inventariados que alcanzan un valor de taxación de case 2.000 millóns de euros (1.966.630.690 euros), segundo o último balance da Dirección Xeral de Catastro.
Esta cifra que sitúa ao municipio en terceira posición na provincia, só por detrás de Vigo e Pontevedra, en número de inmobles.
O crecemento poboacional dos últimos anos no municipio explica o peso residencial na distribución por usos destes inmobles. Así, o 40,83%, é dicir, 16.465 responden a vivendas que suman unha taxación que supera 800.000 millóns de euros.
Os rexistros anuais realizados pola Dirección Xeral do Catastro permiten analizar os datos cunha maior perspectiva nas tendencias de crecemento ou baixada segundo o tipo de usos.
Resulta especialmente significativo, o aumento nun 141% de inmobles industriais no últimos sete anos. Sanxenxo pechou 2022 cun total de 809 unidades deste tipo. O repunte comercial desde 2015 tamén é rechamante.
A pesar da situación que está a atravesar a nivel xeral o pequeno e mediano comercio, Sanxenxo conta con 794 inmobles con este uso, un 14% máis que en 2015. No caso da hostalería, a pesar da gran rede hostaleira da que dispoñía o municipio xa en 2015, o crecemento é do 23% contabilizando, ao peche de 2022, un total de 264 unidades.
A coordinación e boa colaboración entre administracións, Concello, Catastro e Deputación de Pontevedra (ORAL) permitiron que o municipio estea actualizado no catálogo dos seus bens e que se realice unha recadación acorde coa realidade urbanística do municipio.
O IBI é a principal fonte de ingresos municipais. Un imposto polo que o Concello de Sanxenxo prevé recadar este ano 7.625.000 euros, a pesar de ser un dos poucos municipios en que se mantén o tipo no 0,40% para os bens urbanos, mínimo legal permitido, tal e como fixa o Ministerio de Facenda.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade promove unha canle de comunicación directa entre a poboación e o Catastro
Por Redacción |
-
A provincia duplicou as cifras do Nadal anterior cunha ocupación hostaleira do 66%
Por Oskar Viéitez |
-
O 'Belén de Sanxenxo', con case 300 bonecas, está aberto os 365 días do ano
Por Redacción |