San Brais celébrase en Salcedo con deporte, un serán cultural ou un baile
Por Redacción
A asociación de veciños Salcedo Norte xa está mans á obra para festexar como se merece ao seu patrón. A parroquia acollerá numerosos actos lúdicos e culturais para celebrar as Festas de San Brais 2023, que se desenvolverán entre os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro.
Os festexos arrancarán coa novena edición da carreira pedestre de San Brais, que inaugurará o circuíto de probas deportivas de Pontevedra o domingo 29. As inscricións para participar nela están abertas hasta o próximo luns día 23.
A carreira sairá ás 12:30 horas das inmediacións do centro comercial Carrefour, pero unha hora antes celebrarse as probas deportivas das categorías inferiores.
O venres 3 de febreiro, día de San Brais, haberá un pasacalles con Os Alegres desde as dez da mañá e, ademais dos oficios relixiosos, os campos do Centro Sur acollerán un torneo de petanca, en horario de mañá e tarde.
O Centro Sur será tamén o escenario, o sábado 4, do serán cultural que organizan os veciños.
As Festas de San Brais concluirán o domingo día 5 cunha intensa xornada que incluirá un torneo de chave nos campos do Centro Sur, a partir das once da mañá, ou un pasacalles con Os Afoutes do Canón de Pau.
Ás 13:00 horas será a misa solemne seguida da procesión e a fin de festa chegará ás sete da tarde cun baile que estará amenizado pola música do Grupo Azabache.