Quedan en liberdade todos os detidos na última operación contra o narcotráfico en Arousa
Por Natalia Puga
As catro persoas detidas durante a xornada deste martes no último operativo antidroga realizado pola a Garda Civil, a Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira nas localidades de Vilagarcía e Vilanova de Arousa están xa en liberdade.
Tres dos detidos quedaron xa en liberdade o mesmo martes en sede policial e o cuarto pasou a noite nos calabozos da Policía Nacional e foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía na mañá deste mércores.
Finalmente, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a xuíza decretou a posta en liberdade, de maneira que os catro quedaron libres.
Os catro están investigados por un delito contra a saúde pública pola súa suposta relación co o transporte e distribución de cocaína a mediana escala.
Os tres corpos policiais implicados nesta operación realizaron sete rexistros durante a mañá do martes en Vilanova e nos barrios de San Roque, Ravella e Os Duráns, en Vilagarcía. Ademais, a operación ten diversas ramificacións en Portugal.
Entre os detidos figura un veciño de Vilagarcía de Arousa de 26 anos, de iniciais D.G..
A operación continúa aberta e non se descarta que se produzan máis detencións. Segundo diversas fontes consultadas, os investigadores teñen un quinto sospeitoso pola súa relación con esta actividade de tráfico de drogas que aínda non foi detido. Búscano noutra localidade española.
Relacionadas:
-
RADIO.- 'La dama del norte', a vida dun nome feminino no narcotráfico español e dunha "muller que fuxía de si mesma"
Por Marisa Ciordia |
-
Desarticulan un grupo criminal que distribuía cocaína en Galicia e Portugal
Por Redacción |
-
Catro detidos en Arousa nunha nova operación contra o tráfico de drogas
Por Redacción | Creada e actualizada