Apróbase no Pleno, sen sobresaltos, o orzamento municipal para 2014
Por Oskar Viéitez
Segundo o guión previsto o presuposto municipal foi aprobado cos votos a favor do grupo de goberno local, BNG e PSdeG-PSOE e o rexeitamento dos concelleiros do Partido Popular.
En grandes números, as contas para o próximo ano elévanse ata os 66 millóns de euros, dos que 29,2 están destinados a gasto corrente e 8,3 a investimentos. Ademais acódese a unha operación de préstamo de 2,9 millóns de euros.
O concelleiro do PP, César Abal, defendeu as 55 emendas presentadas polo seu grupo e criticou os presupostos por "apostar por el ladrillo como motor del emprego". Pola súa banda o concelleiro de Facenda, Raimundo González, defendeu o "efecto multiplicador que teñen este tipo de inversións" e coincidiu co edil socialista, Agustín Fernández, ao criticar "a súa incoherencia política por esixirlle ao goberno local a que asuma ás competencias dá Xunta e do goberno de Madrid mentras éstes desmantelan ou Estado de benestar".
Tras cualificar as emendas populares como "chiripitifláuticas" Raimundo González gabou a boa situación económica do Concello e deu por pechado o debate dos presupostos.
'TASAZO' DE SOGAMA
A continuación votouse a modificación da ordenanza na que se recolle o "tasazo" de Sogama, con idéntico resultado. ÿ dicir, o PP votou en contra despois da intervención do voceiro Jacobo Moreira que culpou ao goberno bipartito de repercutir este incremento aos cidadáns "yo no tengo que justificar nada quienes van a aprobar una subida del 14% son ustedes", dixo o popular.
"Demagoxia pura e brava", espetou o edil nacionalista Raimundo González para repetir que o Concello é o organismo recadador dun servizo cuxo prezo incrementa Sogama, contestando a Moreira que "se antes xa era recadeiro da Xunta agora o é dunha empresa. Defenda os intereses dos veciños de Pontevedra", afirmou.
Moreira interveu unha vez máis para animar o goberno local a que abandone Sogama e busque outra alternativa "si es que está en contra como dice".
Relacionadas:
-
O orzamento municipal para 2015 ascenderá a 69 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
Rexeitan as enmendas do PP ao orzamento de Pontevedra porque "son un despropósito"
Por Redacción |
-
O PP presenta 55 enmendas aos orzamentos municipais e propón un plan de emprego local
Por Redacción |
-
O orzamento para 2014 aprobarase a próxima semana e superará finalmente os 66 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |