O concello de Sanxenxo recibe o premio Q que certifica o seu liderado de calidade turística en España
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo recibiu na noite deste xoves o Premio Q que certifica o seu liderado de calidade turística en España con 19 insignias en praias e portos que se elevan a 59 se se suman as do sector turístico privado.
O alcalde e responsable de Turismo, Telmo Martín, recibiu o galardón de mans da ministra de Industria, Turismo e Comercio, Reyes Maroto, e do presidente do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), Miguel Mirones, durante unha gala á que asistiron máis de 1.000 persoas.
Mirones destacou "la colaboración permanente y constante" do Concello co instituto. "En Sanxenxo, un lugar maravilloso, queremos ejemplificar la apuesta por la calidad de un destino", asegurou.
Pola súa banda, Telmo Martín, agradeceu ao ICTE o recoñecemento, pero tamén tivo palabras de gratitude para "los cientos de trabajadores municipales" que se encargan da posta a piques das praias e o porto, por suposto, para "el sector turístico privado su apuesta por la calidad y el cariño que muestran a sus clientes. Sin ellos esto no sería posible".
Durante esta mañá pasáronse pola caseta de Sanxenxo, coincidindo co Día de Galicia, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, así como as conselleiras de Mar, Rosa Quintana, e de Medio Ambiente, Angeles Vázquez; a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo. Tamén acudiu o presidente nacional do PP e senador, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Madrid, Jose Luís Martínez Almeida.
Relacionadas:
-
O comité executivo do PP de Sanxenxo confirma a Telmo Martín como candidato á alcaldía
Por Redacción |
-
O INE detectou 10.904 visitantes en Sanxenxo en decembro polo sinal de teléfonos móbiles
Por Redacción |
-
Telmo Martín percibe en Fitur grandes expectativas de crecemento turístico para este ano
Por Redacción |
-
FITUR descobre a nova liña de roupa marca "Sanxenxo"
Por Redacción |
-
E o premio 'Q 2023' para o municipio líder en España en selos de calidade é para… Sanxenxo
Por Redacción |