O descenso da natalidade preocupa nos equipos directivos e ANPAS de Escolas Católicas de Pontevedra

Por Redacción

© Mónica Patxot

© Colegio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra
A baixada da natalidade actual; a incerteza da renovación dos concertos que terán que asinar neste trimestre; a perda de unidades e dos consecuentes postos de traballo vinculados ao descenso da calidade educativa; as dificultades económicas derivadas de aspectos como a dotación de persoal de orientación; e a desigualdade de dereitos das familias e do alumnado dos centros concertados foron algúns dos temas que esta semana se trataron na reunión mantida polos equipos directivos e ANPAS de Escolas Católicas da cidade de Pontevedra.
Actualmente forman parte deste colectivo os seguintes centros da cidade, segundo figura na páxina web de Escolas Católicas: o Colegio Sagrado Corazón Placeres; Colegio Calasancio; Nuestra Señora de los Dolores (coñecido popularmente como Doroteas); el Sagrado Corazón de Jesús e o colexio Juan Sebastián Elcano, coñecido antes como Salvador Moreno.
Anuncian que queren trasladar á Consellería de Educación a preocupación que manteñen sobre a baixada de natalidade e a baixada da cociente por aula e a resultante de profesor por número de alumnado. Lembran o peche de aulas e o despedimento de traballadores sufrido ao final do anterior curso escolar e por este motivo, móstranse "preocupados pola perda dos traballos e pola fendaa económica, provocada aos centros ao teren que facer fronte á perda de postos de traballo", a iso suman a incerteza "coa que viven os centros pola renovación dos concertos para o vindeiros seis anos".
AGRAVIOS E DISCRIMINACIÓNS
Desde este colectivo aseguran que "os centros concertados sostidos con fondos públicos veñen sufrindo historicamente unha serie de agravios, que repercuten tanto no alumnado e nas súas familias como no persoal docente, derivados da falta de orzamentos". Isto trasládano aos gastos derivados da contratación de orientadores para Infantil e Primaria; a infradotación para contratar coidadores, auxiliares de conversación, ou a anulación dos pagos de antigüidade do persoal.
Explican que "lonxe do que se lles transmite ás veces á cidadanía, no proceso de admisións dos centros escolares concertados non se segrega o alumnado e, segundo datos da propia Consellería, a maioría das familias con nenos con necesidade de apoio educativo da nosa comunidade confía nos nosos centros", argumentan "a pesar da infradotación orzamentaria".
Neste encontro tamén se recolleron as queixas das familias que consideran unha "discriminación" a política de axudas de diferentes administracións relativas ao financiamento dos servizos de comedor e autobús por "o mero feito de estar matriculados en centros concertados". A isto tamén lle suman que se "penaliza" esta matrícula ao realizar outras actividades non colexiais, organizadas desde entidades públicas.
Culpabilizan destas situacións tanto a políticas estatais como autonómicas e locais. Por este motivo consideran que é "preciso abrir vías de diálogo" para mellorar as "fendas que padecemos".
Relacionadas:
-
Piden a exclusión do colexio público pontevedrés Juan Sebastián Elcano da rede de escolas católicas
Por Redacción |
-
Retoman a petición da figura do profesional de enfermería escolar
Por Redacción |
-
Ana Pastor, do PP, critica a lei Celaá no encontro con representantes de colexios concertados e especiais de Pontevedra
Por Redacción |