Moraña sae á rúa para esixir que se cubran as vacantes no centro de saúde
Por Redacción
Máis de seiscentas persoas, segundo a organización, saían na mañá deste domingo á rúa en Moraña para reclamar á Consellería de Sanidade que finalicen os recortes no centro de saúde da vila.
Este acto de protesta, organizado polo BNG, contou coa presenza de Luís Bará, deputado nacionalista no Parlamento de Galicia, e de Eva Vilaverde, responsable de política municipal dentro da formación e veciña de Moraña.
Os asistentes reclamaron que se cubran as vacantes médicas no centro sanitario e mostraron o seu rexeitamento á ampliación deste espazo. O percorrido realizábase polas principais rúas do centro urbano de Santa Lucía para finalizar diante do Concello.
Rubén Monteagudo, responsable local do BNG, demandou un aplauso para o persoal do centro de saúde. A continuación, Carmen Fariña, veciña de Moraña e traballadora do SERGAS, lía o manifesto relatando a perda de pediatra, de matrona e a ausencia habitual de profesionais médicos no municipio. Lembrou que centos de pacientes levan máis de cinco meses sen médico asignado e, segundo expuxo, sen poder obter unha cita para Atención Primaria no centro.
Marcos Suárez, portavoz municipal do BNG, agradeceu finalmente a presenza activa na marcha do PSdeG-PSOE de Moraña e lamentou a ausencia do alcalde José Cela. Concluía o acto mostrándose orgulloso pola mensaxe "contundente" enviada pola veciñanza de Moraña ao "Partido Popular, Xunta e SERGAS".
Relacionadas:
-
A Xerencia da área sanitaria promete cobertura de atención por Matrona no centro de saúde de Moraña
Por Redacción |
-
"Os veciños protestamos pola situación sanitaria. Non somos políticos"
Por Oskar Viéitez |
-
Unha fronte de alcaldes pide que Rueda asista á reunión para tratar a situación sanitaria do distrito de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Guerra política aberta arredor da situación sanitaria na área de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
O BNG de Moraña convoca unha manifestación polo colapso sanitario que afecta o centro de saúde
Por Redacción |
-
Masiva protesta en Moraña pola falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
Montse Prado, do BNG, afirma que a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é o "banco de probas" do PP para desmantelar a sanidade
Por Anxo Lourido |