A Fundación Juan XXIII activa un programa de apoio ao emprego para 100 persoas con discapacidade
Por Redacción
A Fundación Xoán XXIII prestará servizos de apoio ao emprego a 100 persoas con discapacidade ao longo deste 2023 nas comarcas de Pontevedra e do Morrazo.
O programa conta co apoio da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal e diríxese a demandantes de emprego dos municipios de Pontevedra, Poio, Marín, Cangas e Moaña.
As actividades presenciais realizaranse nas instalacións da Fundación de Pontevedra e Cangas, coa posibilidade de acceder a unha axuda para o transporte e a conciliación en casos de ter persoas a cargo.
A finais deste mes de xaneiro conclúe o proceso de selección de participantes, que serán persoas con discapacidade recoñecida mínima dun 33%.
A formación para fomento de emprego desenvolverase entre febreiro e novembro deste ano con servizos axustados ás necesidades das persoas participantes con itinerarios personalizados e acompañamento en procesos de preparación laboral a medida no posto de traballo.
A Fundación Xoán XXIII, durante o últimos catro anos, suma máis de 200 empregos e máis de 100 empresas colaboradoras con este proxecto, que en moitos casos repiten todos os anos facilitando oportunidades de emprego.
O colectivo conta neste 2023 con novas instalacións situadas na rúa Pintor Urbano Lugrís, número 12, de Pontevedra, onde poden dirixirse aquelas persoas que precisen de información para acceder a este servizo. Tamén se pode chamar ao teléfono 986.869.296 ou dirixirse á oficina de emprego da localidade e solicitar a participación neste programa.
Relacionadas:
-
A carballeira que abraza e reconforta os peregrinos
Por Alejandro Espiño |
-
O novo centro da Fundación Juan XXIII, un "paso adiante" para a cidade
Por Redacción |
-
Activada a parte do novo contrato de Parques e Xardíns adxudicado á Fundación Juan XXIII
Por Redacción |
-
Destacados DJ colaboran coa asociación Juan XXIII na súa Festa de Nadal
Por Redacción |