Volverán licitar as obras do campo de fútbol de Salcedo ao crebar unha das adxudicatarias
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra terá que volver licitar as obras do campo de fútbol de Salcedo ao crebar unha das adxudicatarias.
Trátase de Galitec, unha firma de Lalín especializada en instalacións deportivas que concorreu en Unión Temporal de Empresas (UTE) xunto á construtora Eulogio Viñal Obras y Construciones, con sede en Oroso (A Coruña).
Galitec Desarrollos Tecnológicos acumulaba unha débeda de máis de 12 millóns de euros e presentou concurso de acredores no Xulgado do Mercantil de Pontevedra para liquidar a sociedade. De forma paralela puxo en marcha un Expediente de Regulación de Emprego Extintivo para os seus 40 traballadores.
Esta UTE comprometeuse a construír o campo por 1,48 millóns de euros, fronte aos 1,62 millóns nos que este proxecto saíu a contratación. O prazo de execución desta obra era de dez meses.
Segundo informou a portavoz do Goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías, a resolución do contrato de mutuo acordo foi abordada este luns pola Xunta de Goberno Local.
"Iniciamos xa os trámites, a revisión de prezos correspondentes e actualización do proxecto, para inmediatamente sacar a licitación o novo contrato", anunciou a concelleira.
Anabel Gulías asegurou que "é unha cuestión prioritaria para este Concello a construción deste campo de fútbol de Salcedo", que será financiado con cargo ao convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra.
A edil explicou que, dentro do atraso que supón esta situación, é boa nova que o contrato finalizse de mutuo acordo, xa que permite unha licitación máis acelerada.
Relacionadas:
-
As obras de construción do novo campo de fútbol de Salcedo, ao fin en marcha
Por Redacción |
-
Sae a licitación pública o campo de fútbol de Salcedo por case dous millóns de euros
Por Anxo Lourido |
-
Salcedo volve manifestarse para reclamar a construción do campo de fútbol
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello inicia o expediente de licitación do campo de fútbol de Salcedo: "É unha cuestión prioritaria"
Por Redacción |
-
A SCD Salcedo convoca unha nova protesta para este venres reclamando a construción do campo de fútbol
Por Redacción |
-
O custo do campo de fútbol de Salcedo dispararase ata os 2 millóns
Por Alejandro Espiño |
-
Salcedo volve á rúa ante o novo atraso das obras do campo de fútbol
Por Redacción |
-
O PP considera unha "tomadura de pelo" o novo atraso no campo de fútbol de Salcedo
Por Oskar Viéitez |
-
Volverán licitar as obras do campo de fútbol de Salcedo ao crebar unha das adxudicatarias
Por Oskar Viéitez |
-
Inicio "inminente" da construción do novo campo de fútbol de Salcedo
Por Alejandro Espiño |
-
O Salcedo sae á rúa farto de ser "o club máis antigo sen un campo de herba"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Salcedo, sen campo novo dous anos despois da cesión dos terreos
Por Redacción |