"Os veciños protestamos pola situación sanitaria. Non somos políticos"
Por Oskar Viéitez
A Federación de Asociacións de Veciños Castelao convocou para este venres 27 de xaneiro ás oito da tarde unha concentración na Praza da Peregrina para chamar a atención sobre a situación sanitaria.
"Esto non ten nada que cer coa política, esta é a queixa dos veciños", xustificou o presidente de Castelao, Juan Manuel Loureiro na rolda de prensa na que anunciaban a súa mobilización. "Os veciños protestamos pola situación sanitaria. Non somos políticos", insistiu.
Os dirixentes veciñais describiron a situación "frustrante" da Área Sanitaria de Pontevedra con falta de profesionais da medicina e a enfermería, con pacientes sen un facultativo designado, con interminables listas de espera, con centros de saúde sen médicos, entre unha longa lista de problemas que citaron.
Juan Manuel Loureiro explicou que despois de moito tempo escoitando o descontento de multitude de persoas "chegou o momento de que os veciños participemos dunha reivindicación colectiva" expresando colectivamente esta "queixa xeneralizada".
Desde a Federación Castelao responsabilizan da situación sanitaria á política que leva anos aplicando a Xunta "isto non xurdiu dun día para outro" senón que os xestores da Sanidade Pública "xa saben cara onde queren ir", segundo sinalou Juan Manuel Loureiro "estannos a levar para a sanidade privada".
Por todos estes motivos que expuxeron convocan á cidadanía de Pontevedra a concentrarse este venres, ás 20 horas, na Praza da Peregrina.
Relacionadas:
-
A Área Sanitaria incorpora a Concepción Abellás como nova directora de Enfermaría e a Silvia Amoedo como subdirectora
Por Redacción |
-
Tres médicos de familia incorpóranse aos centros de saúde de Vilagarcía, Cambados e O Grove
Por Redacción |
-
Decepción entre os alcaldes de PSOE e BNG en Pontevedra tras reunirse co conselleiro de Sanidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Regades esixe a Rueda "que dé la cara" ante a "crítica" situación sanitaria da área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Moraña sae á rúa para esixir que se cubran as vacantes no centro de saúde
Por Redacción |
-
Rueda non asistirá á reunión cos alcaldes e considera que o seu manifesto sanitario é "puramente político"
Por Oskar Viéitez |
-
Guerra política aberta arredor da situación sanitaria na área de Pontevedra
Por Anxo Lourido |