Miguel Ángel Revilla: "A Aznar non lle perdoo que contribuíse ao xenocidio da Guerra de Irak"
Por Alejandro Espiño
A Miguel Ángel Revilla (Polaciones, Cantabria, 1943) non deixan de paralo pola rúa. Ata nunha cidade como Pontevedra, dáse un baño de masas. A xente detense a saudalo e aplaudilo. Di que lle sorprende este agarimo, aínda que cre que é porque "me ven como o que son, unha persoa normal que di o que pensa, que non anda con recovecos", aínda que recoñece que ser noticia por ser normal, "é un síntoma do mal que anda España".
E é que non é un político ao uso. E el sábeo. "Sei que xero algún tipo de problema para o común da clase política, porque digo as cousas que penso, que son cousas sensatas e normais e que sintonizan co pensar do 80% dos cidadáns". Agora, todas esas reflexións reúneas nun libro titulado Nadie es más que nadie (Espasa), que se converteu desde o seu lanzamento nun dos libros máis vendidos en España. Falamos con él na librería Cronopios, durante un evento organizado por Onda Cero Pontevedra.
O seu libro leva cinco meses no mercado e vai xa pola súa décima edición. Esperaba este éxito cando lle propuxeron escribilo?
Home, que ían lelo, si. Pero non tanto, porque a xente en España non está afeita a ler. Neste país, ninguén le nada. Que se tiraran dez edicións, que son uns 70.000 libros, creo que é unha burrada. Estou tan contento que se cadra escribo outro o ano que vén. Pero será moito máis duro.
Como describiría o libro?
ÿ un libro moi oportuno por estes momentos que estamos vivindo en España, terribles. Ademais de espirme a min e a outras persoas ás que coñecín, explico de forma sinxela por que estamos como estamos. O que lea este libro enténdeo. Non necesita oír a De Guindos. E atrévome a dicir o que habería que facer para saír desta situación.
O que se desprende desde o inicio de Nadie es más que nadie é que as súas orixes marcaron a súa personalidade
Eu son así porque nacín debaixo de Peña Labra. Vivín na austeridade, na solidariedade, nuns principios que me marcaron de neno. Iso non se pode esquecer nunca. Eu non sei que sería de min se nacese nun palacio ou no centro de Santander, en lugar dunha zona rural e apartada. Se cadra sería doutro xeito. Os xenes son importantes, igual que a veta que tes da familia, pero o que nos condiciona é no noso lugar de orixe. Estou seguro diso. O que eu oín de neno na cociña coa miña avóa ou a miña nai, téñoo tan presente que o recordo mellor que o que me ocorreu hai cinco anos. Márcache.
Desde mozo, sempre foi un home moi inquedo: delegado na universidade, sindicatos ata que dá o salto á política, creando o Partido Rexionalista de Cantabria
Eu tiven sempre unha vocación por facer algo que non fora estrictamente loitar, que é unha obrigación de todos, por ti e pola túa familia. Teño a necesidade imperiosa de facelo. Se vexo unha inxustiza, rebélome. Non podo calalo. Xa cando ía no tren de Bilbao a Santander, con 17 anos, protestaba se vía algo que non me gustaba. Sempre fun unha persoa inqueda, preocupado polo que pasa na miña contorna, no meu país. E agora, preocúpame o que pasa en España. Non o podo evitar. Non podería estar xubilado, calado, vendo o que está ocorrendo e non abrir a boca. Non sería xusto. Non podería durmir tranquilo.
Se Cantabria é hoxe unha Comunidade Autónoma é, sen dúbida, grazas a vostede. Defensor, como é, do modelo autonómico, que opina do estado actual das autonomías?
ÿ unha vergoña que exista o Senado. Non serve para nada. E se cadra ata as deputacións. Solapar servizos é un custo innecesario.
Fun o primeiro que dixo que Cantabria tiña que ser comunidade autónoma. Son o pai, aínda que logo as miñas ideas seguíronas outros. A autonomía como modelo é o que impera no mundo moderno. Outra cousa é que en España duplicamos os servizos. Non podes transferir a sanidade e manter o ministerio, iso é un disparate. Claro que hai que corrixir unha chea de cousas, pero a autonomía como modelo é o de EEUU, Austria, Suiza, Alemania Agora, que en España as autonomías desmadráronse e que hai unha pila de cousas que hai que corrixir, si. Entre outras cousas, quitar o Senado, mañá. ÿ unha vergoña que exista o Senado. Non serve para nada. E se cadra ata as diputaciones. Solapar servizos é un custo innecesario.
O Rei Don Juan Carlos, Emilio Botín, José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero son moitas as personalidades das que fala no libro, pero ao longo da súa traxectoria, cales foron os que máis lle marcaron?
Sen dúbida, Adolfo Suárez. Pasou unha época terrible. Ata me chamou para que fose candidato da UCD en Cantabria, pero eu xa estaba noutra cousa. Despois díxome que fun o único que lle dixo que non. ÿ un personaxe que, co tempo, adquirirá unha maior altura, por todo o que fixo por este país. Dáme moita pena verlle así como está. E Manuel Fraga sempre foi moi atento comigo. Invitoume dúas veces a Galicia e adoitabamos ter longas charlas. Non compartía as súas ideas, pero era un home coherente e honrado.
E o que máis lle decepcionou?
José Blanco é un mentiroso absoluto. ÿ unha das persoas que máis dano fixo a Cantabria. Con personaxes como el, non me estraña que a política estea polo chan
José Blanco. ÿ un mentiroso absoluto. A min fíxoma máis gorda que ninguén. Á miña terra. ÿ unha das persoas que máis dano fixo a Cantabria. Cancelou a construción do AVE, malia estar asinado e haber un compromiso firme. Con personaxes como el, non me estraña que a política estea polo chan. Non quero volver velo diante. Xamais.
Dos dous presidentes cos que conviviu, Aznar e Zapatero, garda recordos completamente diferentes...
Zapatero foi unha boa persoa, un inxenuo, un home que lle caeu grande isto. Tivo catro anos que cando a economía crecía, fíxoo ben, como o faría calquera. Pero cando veu a crise non a soubo ver e rodeouse de xente que non estaba preparada. El tampouco o estaba. Non tiña experiencia. De Aznar non lle podo perdoar que contribuíse ao genocidio que supuxo a Guerra de Irak, a maior atrocidade coñecida desde a época de Hitler. Invadiuse Irak, tróuxose unha convulsión enorme ao mundo, asasinaron millóns de persoas, e todo iso a partir dunha mentira. Eu non lle podo perdoar iso a un español.
Con Rajoy non coincidiu, pero terá unha opinión sobre as políticas que está aplicando en España
Rajoy está facendo unha política lamentable. Condúcenos a tres anos máis de recesión, angustia, paro e miseria
Está facendo unha política lamentable. A contraria á que hai que aplicar agora. Só fai o que lle marca a súa xefa, a señora Merkel. A ela hai que poñerlle o puño enriba da mesa. Non pode seguir así, asfíxianos. Isto conduciranos a tres anos máis de recesión, de angustia, de paro e de miseria. A capacidade de demanda é o motor da economía, arruinándoa coa subida de impostos, reducindo os investimentos condúcenos a que o enfermo vaia camiño do cemiterio. Non podo estar de acordo coa súa política de recorte, recorte, recorte. Hai que pedir paralelamente unha política de estímulos económicos, senón estamos perdidos.
Cre que esta política de recortes é a que provocou a contestación social que vemos últimamente nas rúas?
Agora xa non son indignados, son encabronados. ÿ terrible. Ollo, eu fago unha advertencia, advírtolle ao señor Rajoy e aos políticos que creen que este pobo aguanta todo, que teñan coidado. Coidado porque pode haber unha explosión. Este país aguanta ata un certo nivel. Non se pode recortar e obedecer a Merkel. Que teña coidado porque este pobo pode armar a de Deus.
Pero o problema é que os políticos, que son os que deben resolver a situación, non pasan polo seu mellor momento en canto a valoración cidadá
Hai moita xente que non está en política por vocación. Están aquí porque non serven para outra cousa, ou o que é peor, para medrar
Temos que rescatar unha serie de valores como é a honradez ou a vocación. A política é un servizo, non é un oficio nin unha profesión, como non o é o ser misionero, médico ou mestre. E hai moita xente que non está aquí por vocación. Están aquí porque non serven para outra cousa, ou o que é peor, están para medrar. Hai que reivindicar a política con maiúsculas, porque é a política a que ten que solucionar as cousas.
Sempre presumiu de ler á perfección os escenarios electorais. Agora que se aveciñan eleccións en Galicia, fainos algún pronóstico?
Cando estou fóra da miña terra, non me gusta falar dos que gobernan alá onde vou. Non coñezo a fondo como se está gobernando, nin quen son os que presentan. Dos candidatos galegos, só coñezo a Núñez Feijóo. Saudeino dúas veces. Non podo opinar.
E que hai de vostede? Seguirá en política?
En Cantabria, seguro. Xa teño o cartel feito. "Volvo". Se teño saúde, si. Aínda que nunca o deixei. Eu estou agora de deputado na oposición e chego á mesma hora que chegaba antes. Non se me caen os aneis por non ser presidente. Outros que o foron e deixaron de selo, retiráronse a tarefas de veraneo. A min agora tócame ser oposición, que é onde me situaron os cidadáns. Pero han de ter presente que eu non estou retirado, polo tanto dentro de catro anos, volvo.
Descarta polo tanto dar o salto á política nacional?
O problema é que España, coa súa lei electoral, está feita para impedir que calquera poida presentarse como presidente do Goberno. Sería o normal, o democrático. O sistema está configurado para que PSOE e PP se alternen no poder. Facendo un símil que entenderá todo o mundo. ÿ como unha vaca. Das ubres que máis leite dan, chupan PP e PSOE e das outras dúas, PNV e CIU. Iso é España.