Dispositivo especial de tráfico con motivo da Carreira de San Brais
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra organizou un dispositivo especial de tráfico con motivo da XI edición da Carreira Pedestre San Brais.
A Asociación Veciñal Salcedo Norte organiza esta proba deportiva prevista para o vindeiro domingo día 29 de xaneiro.
A proba popular contará con carreiras para as categorías de base desde as 11.15 horas da mañá ata chegar ás 12.30 horas, cando se dará saída á carreira absoluta cunha distancia de 6.615 metros.
Tanto a saída como a chegada estarán fixadas no centro comercial Carrefour de Salcedo, completándose as actividades con sorteo de lacóns entre os participantes e unha chocolatada.
O tramo horario de afección ao tráfico estímase entre as 12:00 e as 13.45 horas aproximadamente.
Neste intervalo de tempo a rúa Eduardo Branco Amor sufrirá un peche puntual, exclusivamente durante o paso dos corredores. Ademais haberá un peche con valos no vial de acceso ao centro comercial Carrefour.
Relacionadas:
-
Bo ambiente, sol e deporte para gozar da XI Carreira Pedestre San Brais
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
San Brais abre o ano de carreiras populares con 349 rexistrados
Por Diego Espiño |
-
San Brais celébrase en Salcedo con deporte, un serán cultural ou un baile
Por Redacción |
-
San Brais estreará o ano de carreiras populares o día 29 de xaneiro
Por Redacción |