Volven á Praza de España os produtos gourmet da feira 'O Mellor da Terra'
Por Redacción
A Praza de España acollerá do 3 ao 5 de febreiro a III Feira de Alimentación de Produtos Naturais, Ecolóxicos e de Proximidade 'O Mellor da Terra'.
O evento, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e a plataforma #PonteLovers, contará cuns 40 expositores, a meirande parte deles galegos.
Exhibiranse produtos como os patés de centola de Pepa A Loba; unha selecta variedade de queixos de cabra, ovella e tetilla, mesmo algún italiano e francés, así como requeixo; as galletas Burriana; a bica de castaña de Amarelante; Doziños de Padrón; Aceites Embruxo; hidromel; as famosas Xacobleas; as conservas gourmet de El Abuelo Lelo; diversas meles da zona; unha das mellores cecinas de Léon, ou as célebres anchoas de Santoña.
Despois de alcanzar os 35.000 visitantes o pasado ano, a Feira 'O Mellor da Terra' desenvolverase en horario ininterrompido, de 11:00 a 21:00 horas, nunha enorme carpa de 40 metros.
Segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "a feira contará con pequenos produtores que non teñen capacidade para chegar a grandes superficies e que supoñen un piar imprescindible na economía galega".