Inminente inicio da humanización da rúa Ramón Encinas de Raxó
Por Redacción
Xa está todo listo para que dea comezo un dos proxectos de maior calado dos que se acometerán ao longo do presente mandato. O concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, Gregorio Agís, confirmou este mércores que nos vindeiros días iniciaranse as obras de rehabilitación integral e humanización da rá Ramón Encinas, situada nas inmediacións do peirao de Raxó.
Trátase dunha actuación que conta cun orzamento que supera os 715.000 euros, e que se fai realidade grazas á obtención de fondos europeos do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Goberno central. Esta xestión permite cubrir o 80% da contía, mentres que o 20% restante será asumida polo Concello.
Xa está a instalarse a maquinaria e a retirar elementos da rúa para garantir o correcto desenvolvemento dos traballos.
A actuación será levada a cabo pola empresa Narom, logo de que a súa adxudicación fose aprobada a finais do mes de decembro.
"Sen dúbida este é un paso decisivo para cumprir co obxectivo que nos marcamos na recuperación da fachada costeira de Raxó, que se completará coa reforma do tramo do espazo portuario pertencente a Portos de Galicia, e no que o Concello tamén achega o 30% do orzamento", indica o edil do goberno local. Cómpre lembrar que, precisamente, o convenio con Portos para facer realidade esa obra será aprobado no pleno ordinario de xaneiro.
O proxecto prevé a pavimentación, con materiais sostibles e de gran calidade, nunha lonxitude de preto de 300 metros, ademais da creación de dúas zonas exclusivas para peóns, unha na parte máis próxima á praia e outra ás vivendas e locais existentes na zona, o que redundará nunha mellora da accesibilidade, facilitando o tránsito a pé e en bicicleta.
Relacionadas:
-
A primeira fase da humanización do paseo marítimo de Raxó estará rematada a finais deste mes
Por Redacción |
-
O PP denuncia os prexuízos que está a causar en Raxó o retraso da obra de Ramón Encinas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Larriba reivindica a reforma do paseo de Raxó como exemplo do compromiso do Goberno con Poio
Por Redacción |
-
O Pleno de Poio aproba o convenio con Portos para a mellora integral da contorna do peirao de Raxó
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto para a reforma integral da rúa Ramón Encinas, en Raxó
Por Redacción |
-
Gregorio Agís informa á veciñanza sobre o proxecto de mellora integral de Ramón Encinas
Por Redacción |
-
Portos de Galicia presenta un proxecto para Raxó que non inclúe todo o ámbito que demanda o Concello
Por Oskar Viéitez |