Martes 7 de febreiro, último día en que será obrigatoria a máscara no transporte público
Por Redacción
Carolina Darias, ministra de Sanidade, anunciaba este xoves 26 que o martes 7 de febreiro será o último día de uso obrigatorio de máscaras en transporte público. Ese día a decisión será aprobada polo Consello de Ministros e xa a partir da xornada do mércores 8, as persoas que viaxen nestes medios de transporte xa non terán que facer uso desta medida adoptada, no seu momento, para evitar contagios en lugares masificados.
Pola contra, a ministra informaba de que as máscaras continuarán sendo obrigatorias en todos os centros sanitarios, atendendo aos consellos dos expertos en pandemias.
Está previsto, segundo anunciou Darias, que se convoque un Consello Interterritorial ao longo da próxima semana para tratar estes temas cos responsables sanitarios das comunidades autónomas.