Sanxenxo homenaxeará o 8M ás súas mulleres inspiradoras
Por Redacción
Mulleres do municipio que teñan unha traxectoria vital que sirvan como fonte de inspiración e de superación. Elas serán as que reciban unha merecida homenaxe en Sanxenxo con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, protagonizando o seu propio anuncio audiovisual.
O vídeo será gravado con cada unha das mulleres en lugares de referencia da súa parroquia natal e proxectarase nun acto que terá lugar no Pazo de Emilia Pardo Bazán o 8M e que pechará cun monólogo sobre igualdade a actriz e cómica Jazmín Abuín.
O CIM de Sanxenxo xa iniciou a procura nas distintas parroquias, pero as persoas que o desexen poidan tamén enviar as súas propostas a cim@sanxenxo.org, explicando brevemente os motivos da elección.
Ademais, na entrada do pazo haberá unha mostra con 30 fotografías de mulleres no seu traballo diario, realizadas por membros da asociación Ollares de Portonovo. A intención é que a mostra se faga itinerante por distintos espazos públicos e centros de ensino municipais.
A programación do 8M chegará tamén aos colexios coa celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia para dar a coñecer a través de experimentos a científicas galegas.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos e nela abordarase de maneira lúdica as achegas á comunidade científica de Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa, entre outras mulleres.
Relacionadas:
-
Ollares de Portonovo retrata a 30 veciñas de Sanxenxo para unha exposición polo Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
Meis organiza unha andaina solidaria con motivo do 8M
-
O CIM levará aos colexios de Sanxenxo os talleres 'Mulleres con Ciencia'
Por Redacción |
-
O CIM de Sanxenxo realizou 124 atencións a vítimas de violencia de xénero neste 2022
Por Redacción |
-
O conto infantil "Violeta e Mariño" explicará os nenos de Sanxenxo como actuar ante a violencia machista
Por Redacción |