O PP reclama en Marín a corrección da Lei do 'só si é si' e o cesamento da ministra de Igualdade
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular levou a cabo este xoves unha concentración en Marín para reclamar ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "unha rectificación urxente da lei do só si é si e o cesamento inmediato da ministra de Igualdade".
Co lema "Sánchez, por las vítimas, rectificación sí o sí", os presentes quixeron poñer de manifesto a súa repulsa cara ás consecuencias que está a ter a aplicación desta lei.
"Utilizamos este momento para lanzar un grito e esixir que se corrixa esta situación con urxencia", sinalou a alcaldesa María Ramallo, recordando que Marín é un dos concellos que hai só uns días tivo que comprobar como unha das revisións de condenas reducía a pena dun violador.
"Os datos están aí, e non se pode permitir que continúe habendo redución de condenas en delitos tan graves. Nós que tanto tempo insistimos e nos solidarizamos coas vítimas, temos que pedir rectificacións. E está na man do goberno cambiar esta situación. Non hai que ser nin orgulloso nin soberbio. Cando un comete un erro, o máis fácil é rectificar. Sobre todo si ese erro está producindo dano e dor ás vítimas", dixo María Ramallo.
Xunto coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, participaron na concentración o presidente provincial do partido, Luis López, a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, así como a vicesecretaria de Igualdade do PPdeG, Raquel Touriño.
Na concentración lembraron que en Galicia 30 agresores sexuais galegos xa viron rebaixadas as súas condenas, 12 deles na provincia de Pontevedra, dos que un condenado xa foi excarcelado. "Seguiremos alzando a voz. Neste tema hai que ser serio e concluínte. Hai que corrixir canto antes unha lei que está desprotexendo ás mulleres e ás vítimas", manifestaron.
Relacionadas:
-
Luisa Piñeiro ocupará o número dous da candidatura do PP de Moraña
Por Redacción |
-
O PP afea o "feminismo de pancarta" do BNG pola súa postura coa lei do 'só si é si'
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Audiencia de Pontevedra rexeita dúas novas solicitudes de revisión de condenas por delitos sexuais
Por Oskar Viéitez |
-
Un ano menos de cárcere para un home que abusou dunha nena de 12 años, filla da súa parella
Por Redacción |
-
Rebaixan a pena a un pai condenado por violar ás súas fillas adolescentes en Marín
Por Natalia Puga |
-
O TSXG confirma a condena de 24 anos de cárcere imposta a un pai que violou á súa filla desde que tiña 5 anos
Por Oskar Viéitez |
-
A Audiencia de Pontevedra rebaixa as penas a dous condenados por delitos sexuais ao aplicar a lei do "só si é si"
Por Oskar Viéitez |
-
Unha maxistrada especializada en violencia sobre a muller, un fiscal xefe e unha avogada participan nun coloquio sobre a Lei do "Só si é si" na UNED
Por Redacción |