Rafa Domínguez critica a paralización do novo contrato de xestión de residuos "coa cidade cada día máis sucia"
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra lamentou este sábado a paralización do contrato de xestión de residuos do municipio, que se atopaba na fase de presentación de ofertas.
Asegura o presidente local da formación, Rafa Domínguez, que isto se produce cando a cidade "está máis sucia e menos coidada".
Por ese motivo "debemos actuar con urxencia ante a falta de limpeza e o descoidado que está o municipio en infinidade de puntos", defende Domínguez.
Para o popular a paralización do novo contrato é froito dun "desastre administrativo, resultado da falta de traballo dun goberno que xa está a esgotar o seu ciclo", critica defendendo que "debemos sacar adiante este contrato e facelo canto antes".
Relacionadas:
-
O Concello volverá licitar o contrato da xestión de residuos ao estimarse o recurso dunha empresa vinculada a Cáritas
Por Oskar Viéitez |
-
Dous recursos, un presentado polo 'cártel do lixo', paraliza o contrato de xestión de residuos de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra aproba o novo contrato de residuos cun custo total de 233 millóns de euros, o maior da súa historia
Por Oskar Viéitez |