O PP traslada aos funcionarios municipais a súa preocupación pola "carga de traballo" de bombeiros e policías
Por Redacción
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, manifestou este martes que lle preocupa "seriamente" a "carga de traballo" á que están sometidos dous corpos municipais fundamentais, o Corpo de Bombeiros e a Policía Local.
Así o manifestou despois manter unha reunión con os representantes dos traballadores municipais para analizar a actual situación dos empregados do Concello.
A reunión contou coa presenza de toda a Xunta de Persoal do Concello, integrada por CIG, CSIF, UXT, CCOO, SPPME e AFUMPO, e tamén coa concelleira do PP Pepa Pardo.
O máximo responsable do PP local matizou que esa preocupación é xeneralizada sobre a situación dos policías e bombeiros. "Non só falamos de condicións salariais, referímonos tamén ao escaso número de efectivos de ambos os corpos", explica.
Domínguez fala vulneración de dereitos tan "esenciais" como a conciliación entre a vida familiar e laboral e lembra que os sindicatos con representación na Xunta de Persoal do Concello de Pontevedra "rexeitan sen excepción a política de persoal que leva a cabo a concelleira de Persoal, Carme Fouces, e por extensión, ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores".
"O Concello non quere solucionar unha situación que só require de vontade política", insiste Domínguez mentres que Pepa Pardo sinala que é "fundamental" seguir reuníndose cos representantes dos funcionarios "para manter unha comunicación fluída e estar ao tanto da situación de todos os traballadores do Concello".
Relacionadas:
-
Arde o motor dun turismo na rúa Alcalde García Figueroa causando unha grande fumareda
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta de Persoal denuncia a "persecución" do Concello por contratar un detective para investigar a un bombeiro de baixa
Por Oskar Viéitez |
-
Nova protesta da xunta de persoal durante o pleno: "Só queren que os aplaudan e nós non estamos aquí para iso"
Por Anxo Lourido & Oskar Viéitez |
-
Chaman ao boicot ao tradicional pincho de Nadal do alcalde polos seus "xestos de desprezo" aos funcionarios
Por Redacción | Creada e actualizada