Interceptan un conductor que ía por Barro a 159 km/h nun tramo limitado a 70
Por Redacción
A 159 km/h por un tramo limitado a 70. Así circulaba un veciño da Estrada por Barro cando foi interceptado por un radar da Garda Civil.
O condutor de 46 anos será investigado por un delito contra a seguridade viaria, por exceder en máis de 80 km/h o límite permitido nunha vía interurbana.
Foi interceptado e identificado pola patrulla policial no quilómetro 104 da N-550, tras facer saltar o radar instalado nese punto.
Por estes feitos, pode enfrontarse a unha pena de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade por un máximo de tres meses.
Ademais, perderá o permiso de conducir por un período que oscilará entre un e catro anos.
Desde a Garda Civil sosteñen que este tipo de condutas constitúe un dos principais factores de risco para a sinistralidade viaria, creando un grave perigo non só para os seus responsables senón tamén para o resto de usuarios da vía.