A ampliación da concesión do porto ata 2047 desbloquea a 'Batea en terra'
Por Redacción
Unha das primeiras consecuencias da renovación da concesión do porto deportivo Juan Carlos I ata o ano 2047 é que Nauta Sanxenxo puido desbloquear a licitación do seu ambicioso proxecto para remodelar a contorna portuaria, o coñecido como 'Batea en terra'.
A primeira fase destes traballos, que supoñerá actuar nunha área de 5.259 metros cadrados, saíu a licitación por 1,5 millóns de euros. O seu prazo de execución será de nove meses.
O proxecto 'Batea en terra', seleccionado en 2019 no concurso convocado por Nauta, expón crear un parque xardín que xere unha continuidade topográfica entre a Praza dos Barcos, o Paseo de Silgar, o Paseo dos Barcos, o dique e os portos pesqueiro e deportivo.
Manterase un acceso rodado ao porto pesqueiro polo exterior da praza, con carácter restrinxido e o aparcamento tamén conservará as súas prazas actuais. Os locais comerciais en concesión non sufrirán ningunha intervención, salvo o axuste da pendente do xardín.
Ademais, esta primeira fase contempla tamén a rehabilitación e mellora do pavimento na Praza dos Barcos e a súa integración dentro do proxecto, a redistribución do mobiliario urbano existente e a simplificación e unificación de todos os elementos de señalética.
O deseño do futuro xardín inspírase nos cantís da costa galega e opta por introducir especies autóctonas propias da comunidade pola súa resistencia aos ventos, a salinidade e o seu baixo consumo de auga, o que reducirá os custos de mantemento.
Buscan así recrear unha paisaxe natural no espazo urbano que conecte aos usuarios e visitantes coa contorna, creando un espazo conector de biodiversidade e de valor ornamental, con masas arbustivas de floración graduada e abundante.
O obxectivo é a creación dun auténtico pulmón verde en pleno centro urbano de Sanxenxo, no que se plantarán 33 árbores (piñeiros e tamarices), 4.369 arbustos de oito variedades diferentes e un total de 10.289 plantas.
As especies serán autóctonas, de diferente porte e con distintos estados de floración que permitan ter unha variación cromática ao longo do ano.
Relacionadas:
-
A nova rampla axardinada do porto de Sanxenxo toma forma
Por Redacción |
-
A cimentación e os muros de contención centran as obras da primeira fase de 'Batea en Terra'
Por Redacción |
-
O Atlante durmirá unha tempada na Praza dos Barcos por culpa das obras
Por Redacción |
-
O porto deportivo de Sanxenxo, sen amarres libres para Semana Santa
Por Redacción |
-
O porto de Sanxenxo contará cun espazo para gardar redes e nasas
Por Redacción |
-
A reconversión do ámbito portuario nunha 'batea en terra' comezará tras a Semana Santa
Por Redacción |
-
O porto deportivo Juan Carlos I aumenta a súa actividade coa estancia de máis de 450 embarcacións en 2022
Por Álvaro Arosa Barco |
-
A empresa municipal Nauta Sanxenxo logra unha ampliación da concesión portuaria ata 2047
Por Redacción |
-
A primeira fase da 'Batea en terra' roldará os 1,5 millóns de euros e terá un prazo de execución de 9 meses
Por Oskar Viéitez |