De ruta polo Máis Alá
Por Redacción
Como veciño de Pontevedra gustaríalle coñecer o patrimonio funerario do municipio? E como turista?
Para aqueles interesados en facelo, o Concello de Pontevedra porá en marcha en marcha no mes de novembro unhas xornadas sobre o patrimonio funerario a través de visitas guiadas a San Amaro, ao cemiterio da Canicouva e aos soterramentos megalíticos de Castiñeiras.
O contido destas xornadas coñeceuno este martes o Consello Asesor do Patrimonio reunido no Pazo de Mugartegui. Os asistentes coñeceron que o seu obxectivo é dar a coñecer un patrimonio pouco estudado e promocionado como é da cultura funeraria.
Os cemiterios urbanos e rurais abordaranse desde unha perspectiva histórica e tamén a partir das súas características arquitectónicas e artísticas. Tamén se dedicará unha xornada aos soterramentos na prehistoria, coa visita a dúas mámoas de excepcional interese coma os conxuntos da Chan de Castiñeiras e Chan da Armada.
A primeira actividade será o sábado 10 de novembro coa visita guiada ao cemiterio municipal de San Amaro. O sábado 17 será unha visita ao cemiterio parroquial e á Cama do Santo (sepulcro antropomorfo) da Canicouva.
O sábado 24 visitaranse os soterramentos megalíticos (mámoas) da Chan de Castiñeiras e Chan da Armada, no contorno do lago de Castiñeiras. O programa remata na última semana de novembro con unha mesa redonda no Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA).