Instalada a nova rede wifi pública de Marín, aberta para toda a cidadanía sen contrasinal
Por Redacción
O Concello de Marín rematou nos últimos días a instalación dunha nova rede wifi pública, MarínConecta, que estará dispoñible en aberto para toda a cidadanía sen contrasinal.
As persoas que queiran utilizala só terá que conectarse a ela e aceptar as condicións de uso.
Contan con wifi pública 'MarinConecta' a praza de abastos (4 accesos wifi), o pavillón de A Raña (4 accesos wifi), o pavillón de Sequelo (2 accesos wifi), o pavillón a Cañota (1 acceso wifi), o Museo Manuel Torres (2 accesos wifi), a biblioteca municipal (3 accesos wifi), o Espazo Emprendedor (1 acceso wifi) e a casa de cultura de Seixo (1 acceso wifi).
Ademais, pensando nas asociacións, instalouse unha wifi común con contrasinal en distintos locais municipais: o local de asociacións de Mendez Núñez, o local da antiga Aula de Música, a Cámara Agraria e Trompos Os Pes.