Podemos propón que o Hospital Provincial siga ofrecendo servizos sanitarios
Luisa Lores, candidata de Podemos á alcaldía, pretende que o edificio do Hospital Provincial siga mantendo os seus servizos sanitarios. Esta é unha resposta á proposta de Rafael Domínguez, candidato do Partido Popular Pontevedrés, que suxire que o uso do hospital sexa universitario.
A secretaria de Sanidade de Podemos xustifica a súa iniciativa da seguinte forma: por unha banda, afirma que cando se construiu o edificio tiña un fin sanitario e ademais pode complementar o Gran Montecelo que está en construción.
O Hospital Provincial podería proporcionar servizos sen ingreso como o servizo de Urxencias de Atención Primaria, xa que o centro médico conta co servicio de Radioloxía. Tamén poderían ofrecer durante o día servizo de Psiquiatría, servizo de Oncoloxía e o servizo de Diálise.
A parte dun uso sanitario, o hospital cubriría servizos de lavandería, de persoal e administrativos, segundo Luisa Lores.
Relacionadas:
-
Ángela Rodríguez, 'Pam', apoia a Podemos Pontevedra pechando a candidatura para o 28M
Por Redacción |
-
Luisa Lores, candidata de Podemos: "Teremos que pactar para ser decisivos como Unidas Podemos a nivel estatal"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez propón converter a antigo asilo de Loureiro Crespo nun centro sociosanitario
Por Almu Dapena |
-
A Universidade planificará nos próximos dous anos os usos que proxectaría darlle ao Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Lores sostén que o Provincial non debe perder no futuro o seu uso sociosanitario
Por Alejandro Espiño |