A mellora da seguridade no centro urbano da Lama custou preto de 458.000 euros
Por Redacción
A Lama vén de transformar o seu centro urbano coas obras de mellora da seguridade viaria na rúa Miguel Carbajal e na estrada da Fraga. Esta contorna repleta de equipamentos e dotacións públicas gaña en seguridade, accesibilidade, habitabilidade e prioridade peonil grazas ás obras desenvolvidas ao abeiro do Plan ReacPon da Deputación.
O deputado provincial Carlos Font e o tenente de alcalde David Carrera visitaron este venres esta reforma, na que se investiron 457.815 euros con fondos provinciais, 412.033 euros do ReacPon e os restantes 45.781 cunha achega do Plan Concellos 2022.
As obras transformaron a zona na que se sitúan o colexio, o parque infantil, o polideportivo municipal, a igrexa e a futura residencia, fogar e Centro de Día que se abrirá na rúa Miguel Carbajal, cunha actuación baseada nunha mobilidade do século XXI, e que mellora a conexión entre todos estes equipamentos.
Da superficie total do ámbito de actuación, 5.981 metros cadrados, no 40,6% teñen prioridade as persoas.
A actuación incluíu a execución de beirarrúas cun ancho de 2,5 metros na estrada da Fraga e beirarrúas de ancho variable en plataforma única na rúa Miguel Carbajal.
Tamén se habilitaron pasos elevados na estrada da Fraga e ao mesmo nivel na rúa Miguel Carbajal. Amais , colocouse un redutor de velocidade na estrada da Fraga e en todo o ámbito limitarase a velocidade máxima. Por outra banda, as obras tamén contemplaban a mellora da eficiencia enerxética, coa retirada e substitución das actuais luminarias por luces LED.
Relacionadas:
-
A pista polideportiva de Verducido xa leva o nome de Luís Manuel Sobrado González
Por Redacción |
-
A Lama estrea a súa renovada casa do concello
Por Redacción |
-
A urbanización da rúa Miguel Carbajal e da estrada da Fraga custará máis de 450.000 euros
Por Redacción |
-
A rúa Miguel Carbajal da Lama terá plataforma única e prioridade peonil
Por Redacción |