As mariscadoras de Vilaboa levan retiradas sete toneladas residuos mariños dos seus bancos
Por Redacción
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu este venres a unha das xornadas de limpeza de lixo mariño impulsadas pola confraría de pescadores de Vilaboa nas proximidades do peirao de Santa Cristina de Cobres.
Rosa Quintana estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez
A limpeza realizada enmárcase nun proxecto da confraría de Vilaboa a desenvolver nas anualidades 2022 e 2023 e que recibiu unha achega da Xunta de preto de 63.000 euros no marco da convocatoria de axudas do ano pasado.
Esta confraría realizou no 2022 un total de tres limpezas nas que participaron unha media de 47 profesionais do marisqueo a pé que retiraron preto de 7.000 quilos de residuos mariños, entre eles vidro e cerámica, plástico e produtos naturais.
Relacionadas:
-
Vilaboa converte un espazo en desuso nun parque biosaudable
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Toneladas de máscaras, aparellos de pesca, pneumáticos e plásticos retirados da costa grazas ao proxecto Plancton
Por Manu Otero |
-
Pilar Barros e Jorge Candán, unha pontevedresa e un vigués na cima mundial do vídeo submarino
Por Natalia Puga |
-
Cando o remo é (tamén) un elemento de cohesión social
Por Redacción |