Vilaboa converte un espazo en desuso nun parque biosaudable
Un antigo espazo situado nun lateral do vial do Picho é reformado para converterse nun parque biosaudable. O motivo da reforma é realizar un saneamento nunha zona en desuso que se atopa xunto á estrada en dirección ao Picho.
A contorna no que se realizaron as obras corresponde á zona do Toural, no Concello de Vilaboa. Ademais, o alcalde César Poza aproveitou para eliminar simboloxía franquista situada nun lavadoiro da zona, substituíndoa por un escudo institucional para cumprir coa Lei de Memoria Democrática.
A reforma do lavadoiro incluíu un arranxo do mesmo para canalizar as augas pluviais, xa que o vial no que se sitúa entronca o centro do Toural cun lugar de alta densidade de poboación. Para iso, o Concello substituíu a cuberta e realizou un arranxo no firme.
A zona contaba cun vello parque situado nas marxes da estrada, que carecía de elementos de xogo e apenas era utilizado polos veciños. No seu lugar, o Concello instalou un parque biosaudable con dez elementos que permiten realizar exercicio ao aire libre.
Ademais instaláronse bancos e elementos de xogo infantís, xunto a unhas mesas habilitadas para realizar partidas de parchís ou damas. "Transformamos un espazo en desuso pensando nun lecer familiar, que combine as necesidades dos máis maiores e da cativada", afirmaba César Poza.
Relacionadas:
-
Vilaboa estrea a súa primeira tirolesa no Parque do Canaval
Por Redacción |
-
Nova imaxe para o lavadoiro de Pousada con reforma e eliminación da simboloxía franquista
Por Redacción |
-
As mariscadoras de Vilaboa levan retiradas sete toneladas residuos mariños dos seus bancos
Por Redacción |
-
Cobres, Toural e Santadrán estrean novas beirarrúas ás beiras da N-554
Por Redacción |
-
A Xunta trasládalle ao Concello de Vilaboa a disposición de transferirlle o treito da PO-264
Por Redacción |