Froiz trasladará en abril o seu 'cash' na Barca ao polígono pontevedrés do Vao

Por Alejandro Espiño
Haberá cambios nun dos establecementos máis coñecidos do Grupo Froiz. O 'cash' aberto na Barca, destinado aos seus clientes de venda maiorista, hostalería e restauración, terá unha nova localización.
A partir do próximo mes de abril, se se cumpren as previsións da empresa, abrirá as súas portas nunha das naves do polígono pontevedrés do Vao, concretamente nas instalacións que ocupaba ata hai pouco unha firma de iluminación profesional.
Fontes municipais sosteñen que a empresa presentou a documentación para recibir a licenza de actividade por declaración responsable, polo que xa teñen permiso para comezar a acondicionar o local.
Desde o Grupo Froiz aseguran a PontevedraViva que co traslado deste establecemento a O Vao buscan ofrecer un mellor servizo e atención aos seus clientes, así como contar cun maior variado e variedade na súa oferta comercial.
A nave á que se mudará o Cash Froiz conta con 1.400 metros cadrados en planta e máis espazo exterior de aparcamento.
As súas instalacións, segundo a compañía, "serán máis modernas, cómodas e ecoeficientes". Todos os materiais empregados no acondicionamento, a iluminación e a climatización "conseguen un consumo enerxético inferior a unha tenda convencional".
Todo iso esperan que permita mellorar a experiencia de compra e os espazos de traballo e instalacións para os traballadores.
Relacionadas:
-
Froiz abre este venres o seu 'cash' no Vao e ultima o seu renovado supermercado de Echegaray
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello tramita as licenzas para Decathlon, Eroski, Leroy Merlín, JYSK, Norauto e Kiwoko
Por Oskar Viéitez |
-
O Hiper Froiz, o supermercado máis barato de Pontevedra segundo un estudo da OCU
Por Redacción |