Quen vive aí? Máis de 120 persoas acoden diariamente á Casa Azul
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Benestar poñerá en marcha unha ferramenta na internet para xestionar as instalacións da denominada Casa Azul.
Neste espazo multifuncional situado na rúa Sor Lucía, en pleno centro histórico, conflúen múltiples actividades abertas a toda a cidadanía e a colectivos específicos cunha media de 120 persoas que pasan cada día.
Na casa teñen a súa sede diversos servizos como o programa de atención ás familias, o plan municipal de prevención de condutas aditivas, Redeaxuda, concellaría de xuventude, oficina municipal de información xuvenil, unidade de día, e entidades non gobernamentais vencelladas a esta área de benestar como o Secretariado Xitano, Meniños ou o programa Hedra.
ÿ por isto que se fai imprescindible un labor de coordinación para poder sacarlle o máximo rendemento aos espazos dispoñibles atendendo a todas as demandas presentadas.
A solución elixida é un percorrido virtual a través da páxina web mediante unha interface sinxela e completamente personalizada na que se dá a coñecer o traballo que se desenvolve en cada un dos espazos, cunha breve mensaxe das persoas encargadas dalgunhas das actividades, que aquí se dan cita. Ademáis inclúe a posibilidade de facer a reserva do espazo desexado.