Meaño inicia a cuarta fase de renovación do alumeado público
Por Redacción
O Concello de Meaño comeza a execución dun novo proxecto para a renovación do sistema de alumeado público por tecnoloxía Led. Nesta ocasión sustituiranse 505 puntos de luz ao longo de gran parte do territorio municipal, acadando así o 85% con este tipo de luminarias.
Con outros dous pequenos proxectos, xa aprobados e pendentes de iniciarse, Meaño logrará instalar o 100% luminaria led en todo o concello neste mandato.
O novo sistema de alumeado municipal conleva unha mellora sustancial do servicio e tamén un importante aforro no coste enerxético do servizo que implicará unha rebaixa na factura que rondará o 80%.
O alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, destaca ao compromiso medioambiental do goberno local como obxectivo prioritario dunha iniciativa avalada por un traballo continuado de xestión de recursos para a súa execución.
A actuación que agora comeza, ao igual que as tres anteriores, está financiada polo Instituto por la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), pola Deputación de Pontevedra e polo Concello de Meaño que recurriu a estas administracións en busca de recursos para avanzar no seu principal obxectivo da redución do 40% das emisións de CO2 a medio plazo.
Nesta nova fase, a renovación das instalacións de iluminación exterior afectan a Aldea Quintáns, Aldea Souto e Igresa (82); Aldea Pazos, aldea Vilariño e Igrexa (60); Quintáns, aldea Vilariño (13); Lugar de A Laxe (36); Lugar de Paradela (23); Paradela e Río Dávila (72); rúas Desiderio Dóvalo e Herminia Fariña (19); lugar de Agros e O Outeiro (54); Aldea de Coirón (19); Seixiños e EP-9301 (11); Seixiños e EP-9303 e EP-9301 (38); Chanca, Abuín, Viliquín e estrada Dena-Meaño (56) e Abuín (22).
Relacionadas:
-
A piques de finalizar a renovación da iluminación en Meaño, Meis e Vilanova
Por Redacción |
-
Estudan a ampliación da vía de acceso ao centro de saúde de Meaño
Por Redacción |
-
'O Furancho', de Ibuprofeno Teatro, representarase este domingo no Centro Social de Dena
Por Redacción |
-
Os maiores de Meaño reciben formación sobre o uso do móbil e a banca electrónica
Por Oskar Viéitez |
-
Meaño destina máis de 42.000 euros á mellora de tres parques infantís
-
Investigados dous mozos por furtar máis de 15.000 euros en gasoil en Meaño
Por Oskar Viéitez |