Obradoiros sobre igualdade e estereotipos de xénero para conmemorar o 8M na Lama
Por Redacción
Dous obradoiros dirixidos ao alumnado do CEIP da Lama centrarán a programación do 8M, o Día Internacional da Muller. Estarán orientados, segundo informa o Concello, cara a igualdade e a erradicación dos estereotipos de xénero.
Ambas iniciativas, que coordinará o Centro de Información á Muller (CIM), están dirixidas a nenos e nenas de primeiro a sexto de educación primaria.
Neles traballaranse fundamentalmente os estereotipos de xénero, tratando de sensibilizar á poboación escolar sobre esta lacra social e previr calquera forma de violencia contras as mulleres.
Pola súa banda, o propio mércores 8 de marzo, no salón de plenos do consistorio gardarase un minuto de silencio en homenaxe e lembranza ás vítimas da violencia de xénero.
Ademais, en colaboración coa Federación de Mulleres en Igualdade da provincia de Pontevedra, celebrarase o 17 de marzo un curso de manipulador de alimentos para mulleres, que se desenvolverá de 17 a 20 horas nas instalacións da antiga Escola Obradoiro da Lama.