Ano e medio de prisión e multa de 600 euros por vender cocaína e marihuana en Bueu
Por Natalia Puga
Un home será condenado a un ano e medio de prisión e o pago dunha multa de 600 euros por un delito contra a saúde pública por dedicarse á venda de droga en Bueu.
O procesado debía sentar este martes no banco dos acusados da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra, pero evitou a celebración do xuízo tras chegar a un acordo de conformidade coa Fiscalía.
Froito deste acordo, o home recoñeceu os feitos e aceptou cumprir a condena que solicita a Fiscalía. Nun primeiro momento, pedíanlle tres anos e medio de prisión e unha multa de 2.000 euros, pero a pena viuse reducida ao considerar o fiscal que a súa responsabilidade criminal redúcese "por menor entidade" do feito.
O home recoñeceu os feitos, segundo os cales, sobre as 00.35 horas do 13 de decembro de 2020, foi abordado por membros da Policía Local de Bueu cando se atopaba na rúa A Pedra portando, coa finalidade da súa venda a terceiros, 4,693 gramos de cocaína disposta en doce pequenos envoltorios, un envoltorio con 0,392 gramos de cocaína e un anaco de 5,773 gramos de resina de cánnabis.
O prezo medio destas substancias no mercado ilícito sería de 689,66 euros.