Recadan 3.750 euros contra o cancro na 'andaina' solidaria pola Ruta de Montes e Praias de Marín
Por Redacción
A andaina pola Ruta de Montes e Praias de Marín, que se organizou en beneficio da Asociación Española contra o Cancro, logrou recadar 3.750 euros.
A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, e o representante do Club Xesteiras, José Gil, entregáronlle a Emilia Riparada, representante da asociación, o cheque da doazón.
Os tres quixeron facer un moi bo balance deste evento, que congregou a máis de 700 participantes e no que, coma sempre, acadouse unha enorme implicación da poboación coa solidariedade.
Ademais, este ano tivo como novidade a posibilidade de atravesar as portas da Escola Naval, un enorme atractivo que se sumou a os xa coñecidos da ruta do litoral e do rural, que cada vez gaña máis adeptos.