Os bombeiros socorren unha persoa atrapada nun garaxe
Este luns 13 de marzo, sobre as 7:30 horas da mañá, unha muller quedou encerrada nun garaxe situado no edificio número 38 da Glorieta de Compostela, tamén coñecida como 'a fonte dos nenos'.
O equipo de bombeiros foi alertado por mor dunha do imprevisto por mor dunha chamada dun veciño.
Desde o parque municipal de bombeiros se trasladan dúas unidades móbiles para atender a emerxencia.
Os operarios do servizo de extinción realizaron a intervención tentando fracturar un vidro da parte superior do garaxe para poder acceder ao mesmo.
Finalmente conseguiron que a persoa que estaba encerrada saíse ao exterior sen que sufrise feridas.
A imaxe sorprendeu ás persoas que camiñaban á primeira hora da mañá por esa céntrica zona da cidade.