Volve a Mostra da Camelia con 30 expositores e máis de 300 variedades
En Cambados realizarase a VI Mostra da Camelia os días 25 e 26 de marzo no Salón Peña, Cambados. Esta evento contará con trinta expositores e con máis de 300 variedades.
Os organizadores deste acontecemento son o Concello de Cambados, a Asociación Ibérica da Camelia e a Asociación Zona Centro de Cambados.
Ademais, o municipio participará na exposición das Camelias de Celorico de Basto en Portugal, que se realizará este sábado 18 de marzo.
O Concello ofrece un autobús para ir a Portugal, que sairá da estación de Cambados ás 8:00 horas da mañá e regresará ás 22:00 horas.
No caso de querer ir haberá que contactar a través do número de teléfono 667 41 51 64.
O desprazamento é gratuíto.