Imaxes da inspección da Garda Civil do semimergullable aparecido en Vilagarcía de Arousa
Operación realizada o 13 de marzo por gardas civís do Servizo Marítimo Provincial e do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas, que non poden acceder ao seu interior
© Guardia Civil
VÍDEO.- Posible narcosubmarino na ría de Arousa: avistan un semisumerxible a un quilómetro de Vilaxóan

Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada

© EFE / Lavandeira Jr.

© EFE / Lavandeira Jr.

© EFE / Lavandeira Jr.
A Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira manteñen aberta unha investigación para pescudar a natureza dunha embarcación semisumerxible localizada a un quilómetro de Vilaxoán, na Ría de Arousa.
Cabe a posibilidade de que se trate dun narcosubmarino, aínda que non existe confirmación oficial e os investigadores explican que, ata que consigan acceder á embarcación, non o saberán con certeza.
"No podemos adelantar nada hasta inspeccionar el sumergible", sostivo a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, que engadiu que polo momento "no hay ningún dato que apunte en esa dirección o en la contraria", en relación á súa conexión cos clans da droga.
As súas características, a priori, si coinciden coas que teñen os semisumerxibles que adoitan utiizar as redes do narcotráfico e co que apareceu na Ría de Aldán. Sería, ademais, unha embarcación duns 15 metros de eslora "o incluso algo más", segundo Larriba.
Segundo informou a Garda Civil, a media mañá deste luns un pescador alertounos porque divisara a proa dun semisumerxible. Estaba parado e semiafundido, véndose só a parte dianteira.
Inmediatamente, o servizo marítimo da Garda Civil desprazouse ao lugar, nas inmediacións do peirao de Vilaxoán, e está a custodiar a embarcación. Ademais, están a realizarse investigacións pola zona de costa para tentar determinar a actividade desta embarcación.
De momento, non se accedeu á embarcación, de modo que se descoñece se hai droga no seu interior ou se a tripulación continúa dentro. Tamén tentarán buscar á tripulación nas inmediacións, en costa.
Mergulladores do grupo especial de actividades subacuáticas (GEAS) da Garda Civil están a realizar inmersións na zona para descender ata o pecio afundido, tentar inspeccionalo e obter a maior información posible "para analizar cómo reflotar el sumergible", insistiu a subdelegada.
"Las condiciones del mar no son buenas pero el objetivo es proceder a reflotarlo lo más rápido posible. Si puede ser, mañana", sentenciou.
Cando o pescador alertou de que o vira, a marea estaba baixa, pero agora está a subir, de modo que xa non se ve practicamente nada desta embarcación.
Están na zona efectivos da Policía Nacional e de Vixilancia Aduaneira, que asumiron a investigación. Ata a Ría de Arousa tamén se desprazaron medios aéreos e unidades de Salvamento Marítimo.
Relacionadas:
-
O xefe da Brigada Central de Estupefacientes, Antonio Martínez Duarte, premio Nécora de Ouro
Por Oskar Viéitez |
-
Poseidón, trasladado a Vilagarcía para a súa inspección
Por Natalia Puga |
-
Así é Poseidón, o narcosubmarino que apareceu semiafundido na ría de Arousa
Por Alejandro Espiño |
-
Nin droga nin tripulantes: o semisomerxible localizado na ría de Arousa estaba baleiro
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Continúa a inspección do semisomerxeble localizado na ría de Arousa e logran reflotalo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Absolven ou rebaixan a condena aos catro colaboradores en terra do narcosubmarino
Por Redacción |
-
Unha singradura de 25 anos velando pola seguridade da costa pontevedresa
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Once anos de cárcere para os tripulantes do narcosubmarino e entre sete e nove para os colaboradores en terra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Javier Romero: "O do narcosubmarino foi unha viaxe suicida. Acabou sendo unha cuestión de supervivencia"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os xuízos máis rechamantes do ano: do 'narcosubmarino' ao tiroteo nunha festa ou o cura que abusaba de menores
Por Oskar Viéitez |