O Concello tramita as licenzas para Decathlon, Eroski, Leroy Merlín, JYSK, Norauto e Kiwoko

Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra ten prevista a aprobación inminente das licenzas para as firmas que se van a instalar no parque comercial do Vao, situado entre a estrada de Vilagarcía e a autoestrada AP-9.
A promotora inmobiliaria Ponteno (pertencente ao grupo Nogar) solicitou as licenzas para Decathlon, Eroski, Leroy Merlín, JYSK, Norauto e Kiwoko.
Estas seis marcas comerciais situaranse en dúas naves, na máis pequena irá Norauto e o resto ocuparán a nave de maior tamaño.
A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías, informou este luns que "está xa practicamente para saír a primeira das licenzas para Norauto pero demos a instrución de esperar e dar todas conxuntamente".
Estas licenzas teñen "todos os informes técnicos favorables", ademais o Concello xa recibiu a prórroga da autorización comercial por parte da Xunta de Galicia e só falta a proposta xurídica por parte dos servizos municipais.
"Nestes dez días que seguen daremos, con case total seguridade, as licenzas para estes establecementos comerciais", ratificou Gulías.
Nos últimos días a promotora Ponteno ingresou o aval de cinco millóns de euros como garantía de execución das obras de urbanización dos 35.500 metros cadrados.
Relacionadas:
-
Inminente inicio das obras do novo parque comercial do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
Concedida a licenza da última nave do Vao onde se instalarán Decathlon, Kiwoko, JYSK, Leroy Merlín e Eroski
Por Redacción |
-
Froiz trasladará en abril o seu 'cash' na Barca ao polígono pontevedrés do Vao
Por Alejandro Espiño |