Reconstruir o muro de Cividanes custará uns 185.000 euros
Por Redacción
O Goberno local do Concello de Marín informou este luns de que xa teñen aprobado o proxecto de reconstrución do muro de Cividanes, "unha actuación esencial pero moi complexa a nivel urbanístico".
Tal e como explican dende o Goberno local, nesta área xa se levaron a cabo dous importantes proxectos: a renovación do saneamento e da pavimntación da Rúa da Costa e a renovación da rede de distribución de auga nos camiños de San Jorge, Cividanes e Dichosa.
Agora, o Concello xa ten o proxecto específico para a reconstrución do muro que se atopa nesta zona e que está moi deteriorado polo paso do tempo e sobre todo polas malas condicións que se dan nesta ubicación polo seu ambiente mariño, que produce oxidación nas armaduras do muro actual.
A solución que se propón no proxecto é a creación dun novo muro de sustentación do tramo feito en bloques regulares de pedra granítica, en filas paralelas. Con esta solución, non hai risco futuro de desprendementos e garántese unha boa capacidade de drenaxe.
Ademais, colocarase unha escaleira en tres tramos que conecten a Rúa da Costa co Camiño de Cividanes e renovarase toda a rede de saneamento para colocar separativa, así como a reposición do pavimento que se poida ver afectado pola obra.
Calcúlase que o orzamento de licitación será cercano aos 185.000 euros e terá un prazo de execución unha vez de adxudique de cinco meses.
Relacionadas:
-
Imaxe renovada en Cividanes coa reconstrución do muro e a instalación dunhas escaleiras
Por Redacción |
-
O camiño que une Resille e O Lameiro contará con novo firme
Por Redacción |
-
Solicitan o arranxo do firme do Camiño San Jorge
Por Redacción |
-
O BNG critica a falta de melloras no muro do Camiño de Cividanes
Por Redacción |
-
Reclamación veciñal de melloras inmediatas no muro do Camiño de Cividanes
Por Redacción |
-
COVSA construirá o muro del Camiño de Cividanes
Por Redacción |