Máis de 300 estudantes de Pontevedra únense ao proxecto 'Activistas polo mundo que queremos'
Na décima edición do proxecto 'Activistas polo mundo queremos' acóllense a máis de 600 estudantes dos centros educativos IES Montecelo, IES Luís Seoane de Pontevedra e do IES Valadares de Vigo.
A partir deste xoves ata final de mes, estarán a gravar varios programas de radio nos que se abordarán temáticas como o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.
Previamente a realizar o programa, as persoas implicadas en 'Activistas polo mundo queremos' realizaron talleres para que o estudiantado comprendese o que supón ser activista tanto en Galicia como noutras partes do mundo.
Ademais, reflexionaron sobre as diferentes ferramentas comunicativas que fomentan o activismo como é a radio.
Despois de realizar estes talleres, comezaron a investigar e a facer os guións das súas reportaxes. Posteriormente locutarán e gravarán en "falso directo".
O primeiro centro educativo que comezará a gravar é o estudantado do IES Montecelo este xoves e venres en Pontevedra. A semana seguinte seguirán a actividade o IES Luís Seoane de Pontevedra e o IES Valadares de Vigo.
Este proxecto educativo xa chegou a máis de 4.300 mozos e mozas e 240 docentes de toda Galicia. Lévano a cabo tres ONGDs: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Ademais de que colaboran con eles: Feitoría Verde e o financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a UE da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
'Kalabukú. La semilla del cambio', documental de Agareso, preestréase na Casa das Campás
Por Redacción |
-
33 estudantes de Medicina inician o seu último curso no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Por Redacción |
-
Ribadumia mergúllase no mes da diversidade sexual
Por Redacción |
-
Adolescentes do Grove convértense en locutores de radio para loitar contra as inxustizas
Por Redacción |
-
Radio para combater o machismo, o consumismo e o racismo dende as aulas de Carril e Vilaboa
Por Isabel Feijóo Gallardo |