
© Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade
A xerente do Sergas reúnese con profesionais da Atención Primaria para mellorar a situación sanitaria en Vilaboa

© Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade

© Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade
Este martes 14 de marzo pola mañá, Estrella López-Pardo, xerente do Servizo Galego de Saúde, reuniuse cos profesionais de Atención Primaria dos centros de saúde de Arcade e Vilaboa.
En ambos os encontros estivo acompañada polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, e pola directora de Atención Primaria desta área de Saúde, Marta Ocampo.
Nas xuntanzas, os responsables do SERGAS mantiveron un encontro con todos os estamentos dos centros de saúde.
A finalidade foi repasar os proxectos extratéxicos definidos e tratar as medidas iniciadas polo Goberno galego para mellorar a Sanidade Pública no ámbito da Atención Primaria.
Algunhas medidas implementadas son a cobertura de prazas por concurso de méritos para afrontar o problema da falta de médicos no primeiro nivel asistencial que está acontecendo no conxunto do sistema sanitario público español.
Relacionadas:
-
Flores, xerente da área sanitaria, discrepa dos colexios médicos e expón que o XIDE é unha "ferramenta útil"
Por Redacción |
-
A Lama, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas compartirán un novo pediatra
Por Redacción |
-
A baixa dos dous pediatras do Centro de Saúde de Bueu provoca unha reorganización das consultas
Por Redacción |
-
O Sergas incluirá o servizo de pediatría de Moraña e Cuntis na convocatoria de prazas de difícil cobertura
Por Redacción |
-
Tres médicos de familia incorpóranse aos centros de saúde de Vilagarcía, Cambados e O Grove
Por Redacción |