A Princesa Leonor estudará o próximo ano na Escola Naval de Marín
Por Oskar Viéitez
O Consello de Ministros celebrado este martes aprobou un Real Decreto polo cal se regula a formación e a carreira militar que seguirá a Herdeira da Coroa, a Princesa Leonor, que o 31 de outubro cumprirá 18 anos.
Tal e como explicou en rolda de prensa a ministra de Defensa, Margarita Robles, detallou que "serán tres anos de formación" nunha carreira militar multidisciplinar con "un itinerario específico y ajustado" para o seu futuro cargo de xefa de todos os exércitos como Reina de España.
Unha vez que conclúa o segundo e último curso de bacharelato no Atlantic College de Gales, a Princesa comezará a súa carreira militar leste mesmo verán na Academia Xeral do Exército de Terra, en Zaragoza. Así, será en 2024-2025, cando estude na Escola Naval de Marín, onde se embarcará tamén no buque escola Juan Sebastián Elcano e, finalmente, no 2025-2026, completará a súa formación na Academia do Exército do Aire e do Espazo de San Javier, en Murcia.
Robles precisou que a Princesa de Asturias será a cabeza da súa promoción, unha vez completada a súa formación, e irá ascendendo conforme o fagao a mesma, aínda que non ocupará praza. Terá rango de tenente.
Ese Real Decreto está baseado no réxime do persoal das Forzas Armadas e ten en conta as esixencias da súa alta representación e as circunstancias que concorren na súa persoa como herdeira da Coroa.
Relacionadas:
-
Cúmprense oitenta anos da inauguración da Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
Felipe VI, ausente este ano nos actos do Carme na Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
O Juan Sebastián Elcano visitará Marín polas festas do Carme
Por Redacción |
-
Felipe VI afirma en A Toxa que a guerra de Ucraína está a ser "un nexo de unidad y de solidaridad"
Por Oskar Viéitez |