Un pontevedrés, entre os seis detidos por posesión e distribución de pornografía infantil
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional detiveron seis persoas nas provincias de Pontevedra, Madrid, Málaga, Baleares, Guadalaxara e Valencia por distribución de pornografía infantil a través dun coñecido servizo de mensaxería.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Nacional, a operación foi desenvolta por axentes expertos na loita contra a ciberdelincuencia que contaron coa estreita colaboración e participación do HSI estadounidense, Homeland Security Investigations.
Foron realizados seis rexistros domiciliarios nos que se interviñeron dispositivos electrónicos e de almacenamento, así como material fotográfico e documentación.
A investigación iniciouse no ano 2020 cando os axentes recibiron información, desde a Embaixada de Estados Unidos de América, relativa á presunta comisión de varios delitos de distribución e posesión de material de explotación sexual infantil, a través dunha coñecida e importante rede socialen España.
Grazas ao contido de diversas denuncias recibidas a través do Cybertip do Centro Nacional para Menores Desaparecidos e Explotados (NCMEC) de Estados Unidos, axentes da Policía Nacional conseguiron localizar, en distintos puntos da xeografía española, a seis persoas presuntamente involucradas en compartir contido de pornografía infantil a través dunha aplicación de mensaxería.
Os axentes levaron a cabo as detencións destas seis persoas e os rexistros nos seus respectivos domicilios, intervindo cinco ordenadores portátiles, 10 teléfonos móbiles, 19 dispositivos de almacenamento, catro cámaras así como material fotográfico e documentación.
No domicilio rexistrado do detido en Illas Baleares, interveuse multitude de material informático onde almacenaba gran cantidade de imaxes de explotación sexual infantil, disfraces infantís e roupa interior de nenos e nenas, así como abundante documentación.
Relacionadas:
-
Maica Larriba valora a formación da Policía aos escolares para previlos de ciberdelitos
Por Redacción |
-
Dous anos de cárcere por difundir fotografías pornográficas con nenos de entre 4 e 7 anos
Por Redacción |
-
Ciberacoso, 'sextorsión', insultos ou hackeos: así actúan os 'machitroles' nas redes
Por Redacción |